InicioSUCESOSRecorren a posta en liberdade do absolto como cómplide no asasinato de...

Recorren a posta en liberdade do absolto como cómplide no asasinato de Samuel Luiz

Publicada o

Por monchomarino

A Fiscalía presentou un recurso no Tribunal Supremo contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) relativa ao asasinato de Samuel Luiz. Deste xeito, pide que se dite unha nova na que se condene ao absolto como cómplice (Alejandro M.R.), como se fixo nun primeiro momento.

Isto é froito dunha decisión tomada pola xunta de fiscais do Supremo tras recibir o escrito de preparación redacto pola Fiscalía Superior de Galicia, segundo informou a mesma a través dunha nota remitida aos medios.

Nunha sentenza emitida en maio de 2025, o TSXG absolveu ao mozo condenado pola Audiencia Provincial, nun primeiro momento, a 10 anos de cárcere como cómplice do asasinato. Do mesmo xeito, ratificou as penas de entre 20 e 24 anos para os outros tres: Diego M.M., Alejandro F.G. e Kaio A.S.C.

O texto redactado pola Fiscalía de Galicia propuña a anulación desta última sentenza para que se emita unha nova na que se condene a este acusado como cómplice, tal e como fora na primeira, e se manteñan as penas dos outros implicados no crime.

A Fiscalía considera que hai un erro na valoración da proba e infracción da lei penal. Así mesmo, recolle que a sentenza do TSXG infrinxe o artigo 24 da Constitución Española, co que vulnera o dereito á tutela xudicial efectiva, a presunción de inocencia, a interdicción da arbitrariedade dos poderes públicos e o dereito a un procedemento xudicial con todas as garantías.

ÚLTIMAS

A AMEGA achegou a realidade dos Medios en Galego ao alumnado de Ciencias da Comunicación da UD

Interesante xornada de reflexión sobre o panorama actual dos medios de comunicación acollía esta...

Obdulia Taboadela encabezará finalmente a candidatura do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña ás eleccións xerais do 29N

O Comité Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña aprobou esta pasada tarde de mércores 14...

Defensa do Común explica este venres como é a situación actual das urbanizacións da Maestranza en Portas Ártabras

Defensa do Común e a asociación veciñal da Cidade Vella anuncian para este venres,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here