InicioA CORUÑAA Coruña celebra os 500 anos da expedición ás illas Molucas

A Coruña celebra os 500 anos da expedición ás illas Molucas

Publicada o

Por europapress

Un selo conmerativo, un libro, un congreso ou a visita dun buque da Armada son algunhas das iniciativas organizadas por diferentes institucións para conmemorar o quinto centenario da expedición comandada por García Jofre de Loaysa que partiu da Coruña en 1525 ás Illas Molucas.

“O obxectivo é pór en valor un fito na historia da nosa cidade, de España e do mundo“, destacou o presidente da Autoridade Portuaria coruñesa, Martín Fernández Prado, durante a presentación do programa de actividades que se prolongarán ao longo de todo o ano para rememorar estes feitos.

No acto, estivo acompañado pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, quen incidiu en que “esta data non só é un recordo histórico senón tamén un símbolo da nosa identidade, do noso espírito aventureiro e a nosa vocación mariñeira”. Tamén asistiron representantes de entidades que participan na conmemoración como a Armada, a Sociedade Filatélica da Coruña ou a Orde de Cabaleiros de María Pita.

PROGRAMA

Entre os eventos programados figura a chegada á cidade, este mércores, do buque ‘Carnota’ que ofrecerá varias xornadas de portas abertas; a presentación do selo conmemorativo ‘500 aniversario da expedición García Jofre Loaysa’ ou unha exposición homónima no Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses.

Así mesmo, celebrarase un congreso que reunirá na cidade a estudiosos e historiadores de diferentes puntos de España e, o vindeiro martes, terá lugar a presentación do libro ‘Da Coruña ás Molucas’. Nesta expedición, na que tamén navegou o mariño Juan Sebastián Elcano, participaron sete naves e 450 mariñeiros. Ao final, ningún barco conseguiu regresar, aínda que si o fixeron algunhas persoas completando así a segunda circunnavegación ao globo da Historia Universal.

ÚLTIMAS

Os sindicatos valoran o seguemento e as manifestacións da Folga Xeral: “Está sendo un éxito”

Parece domingo este mércores 11 de novembro na Coruña. A Folga Xeral por unha...

A folga do 11N comeza cos piquetes informativos e importante seguemento nas quendas nocturnas

Así arrinca a xornada de folga neste 11N, con piquetes informativos nos puntos industriais...

A folga deixa numerosas tendas e bares pechados na Coruña: “Tres ou catro clientes contados e despois nada”

A folga xeral deste mércores, 11 de novembro, deixou unha imaxe desigual nas rúas...

Así vén a Folga Xeral do 11N na Coruña

Este mércores 11 de novembro ten lugar a Folga Xeral convocada por UGT e...