InicioPOLÍTICAA Xunta taxativa sobre a facultade de Medicina na UDC: "Os hospitais...

A Xunta taxativa sobre a facultade de Medicina na UDC: “Os hospitais non son de ningunha universidade”

Publicada o

Por monchomarino

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recalcou que “os hospitais non son de ningunha universidade”. Tamén asegurou que “non hai ningún cambio” debido a que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) vaia a adscribir a docencia do Grao en Medicina en todos os hospitais de Galicia á Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Así o manifestou a preguntas dos xornalistas sobre este asunto nun acto na Coruña. “Desde o ano 2015, a facultade de Medicina, que é a que temos hoxe en día en Galicia, está vinculada a todos os hospitais universitarios”, lembrou.

“Con respecto a iso non hai ningún cambio”, insistiu para engadir que “os hospitais non son de ningunha universidade, son públicos, son de todos os cidadáns”. Así, explicou que o Sergas pon “a disposición todas as instalacións” co obxectivo de “asegurarse a mellor práctica e a mellor docencia en Galicia”.

Cuestionado pola resposta da UDC que tachou este concerto de “deslealdade”, Calvo negouno. “Deslealdades son tomar algúns acordos ás costas do resto dos integrantes e iso non se produciu nesta ocasión”, recalcou.

“PRÁCTICAS ANTICOMPETITIVAS”

Noutra orde de cousas, a preguntas da prensa sobre a decisión da Comisión Galega de Competencia (CGC) de incoar expediente sancionador por posibles “prácticas anticompetitivas” na contratación pública da Xunta de rutas de bus escolar, o conselleiro de Presidencia ofreceu “máxima colaboración” a este organismo.

“Se houbo algún comportamento contrario a competencia nós imos colaborar e dar cumprimento ao que estableza o Tribunal”, aseverou.

COLECTIVOS SOCIOSANITARIOS

Diego Calvo fixo estas declaracións tras formalizar a cesión de 12 locais do Espazo Amizar, situado na Coruña, a colectivos sociosanitarios con “unha nova adxudicación que durará o próximos catro anos”.

“Son entidades que traballan a favor de moita xente, que levan a cabo un labor importante e que, en moitas ocasións, carecen de espazos necesarios para poder desenvolver adecuadamente o seu traballo”, sinalou.

Con esta actuación, segundo incidiu, mellorarase “a atención non só aos usuarios, posto que van ter unhas dependencias de moita máis calidade, senón tamén as condicións de traballo dos propios traballadores destas entidades”.

 

Malestar na UDC porque o Sergas adscribirá á USC a docencia de Medicina en todos os hospitais galegos

ÚLTIMAS

Arquivan a investigación sobre o piso do edil coruñés Lage Tuñas

A Fiscalía acordou o arquivo das dilixencias de investigación preprocesal en relación ao cambio...

A comunidade da Rede Acampa pola Paz rendeu un aplauso colectivo ao activismo por Palestina

Mohamed Safa e o Persoal médico en Gaza, representado por Refaat Alathamna, recolleron...

A intermodal da Coruña estará finalizada en 2026 sinalan as diferentes administracións

Goberno, Concello da Coruña e Xunta reivindicaron os avances na execución das obras da...

Máis de 700 vivendas de uso turístico na Coruña non cumpren a ordenanza municipal

O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Dinís Díaz Galego, cifrou en 747...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here