InicioSOCIEDADEA Coruña insta á Xunta a actuar fronte ao mercado tensionado do...

A Coruña insta á Xunta a actuar fronte ao mercado tensionado do alugueiro

Publicada o

Por europapress

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, pediu á Xunta un marco xurídico sobre o mercado tensionado para sancionar incumprimentos en canto ao tope do aluguer. A preguntas dos xornalistas, asegurou que “a lei estatal o que fai é delegar nas comunidades autónomas o desenvolvemento da lei para sancionar e as medidas que se toman en relación ao mercado tensionado sexan efectivas”.

“Navarra e Cataluña desenvolvérono, o País Vasco está a facelo agora mesmo, pediría á Xunta que desenvolvan a parte autonómica que lles toca para poder dar efectividade ás medidas en relación ao mercado residencial tensionado porque senón é evidente que, se non hai unha marxe legal e un regulamento sancionador e ferramentas xurídicas para poder polo en marcha, quedará nunha mera declaración”.

RESPOSTA DA XUNTA

“A normativa que regula as zonas declaradas tensionadas é estatal, por tanto a regulación para facer efectivas as medidas contempladas tamén é competencia estatal“, sostén a Xunta.

“A responsabilidade de facer cumprir esta normativa é do Goberno central, a Xunta só debe tramitar a documentación relativa á solicitude de declaración de mercado residencial tensionado”.

“É rotundamente falso que a lei estatal delegue nas comunidades autónomas o desenvolvemento e aplicación de sancións para que as medidas sexan efectivas como afirma a alcaldesa”, argumenta.

ÚLTIMAS

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...

Os sindicatos valoran o seguemento e as manifestacións da Folga Xeral: “Está sendo un éxito”

Parece domingo este mércores 11 de novembro na Coruña. A Folga Xeral por unha...

A folga deixa numerosas tendas e bares pechados na Coruña: “Tres ou catro clientes contados e despois nada”

A folga xeral deste mércores, 11 de novembro, deixou unha imaxe desigual nas rúas...

A folga do 11N comeza cos piquetes informativos e importante seguemento nas quendas nocturnas

Así arrinca a xornada de folga neste 11N, con piquetes informativos nos puntos industriais...