InicioA CORUÑAO pleno aproba a ordenanza de mobilidade e das praias

O pleno aproba a ordenanza de mobilidade e das praias

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro
  • O patinete non se poderá subir ao bus.
  • O Noroeste tivo o seu protagonismo.

— —- —

Arrincou o novo curso político en María Pita co pleno de setembro. Un pleno que tivo como temas principais a aprobación de ordenanzas tan necesarias como a de Mobilidade e a do uso das praias. Ambas saíron aprobadas cos votos do PSOE e o apoio do BNG, mentres que o PP votou en contra da odenanza da das praias e se abstivo na de mobilidade.

Precisamente a de mobilidade, aprobada inicialmente a comezos de xuño e que contou con 33 suxestión que “axudaron a enriquecer o texto final, aposta por “un reparto máis equilibrado do espazo público que dea prioridade aos desprazamentos a pé, en bicicleta e que tamén impulse con forza o transporte público como alternativa accesible e sostible”.

Entre as cuestións que se valoraron de cara á configuración da ordenanza definitiva estivo a adaptación das velocidades de bicicletas e VMP á vía, e tamén a introdución de sancións por adiantar sen distancia de seguridade. E no referente ao transporte público urbano, tanto novas normas de convivencia como a prohibición de subir aos autobuses con patinetes.

Ordenanza de praias

O Pleno tamén deu luz verde, cos votos en contra do PP, á aprobación definitiva da Ordenanza municipal para o uso racional e sostible das praias da Coruña. No caso das praias urbanas, a prohibición de acceso aos cans mantense como ata agora, entre o 1 de xuño ao 30 de setembro, un aspecto clave para que a cidade siga a contar co distintivo de bandeira azul nos areais.

A ordenanza ten novas medidas para evitar infraccións ou conductas perigosas que se detectaron en puntos como o miradoiro de San Amaro, así como o feito de que bañistas accedan á auga habendo bandeira vermella, o que determina a prohibición de baño. Neste sentido, meterse no mar ou non saír voluntariamente cuando esté izada a bandeira vermella considerarase como infracción grave na ordenanza.

O BNG votou a favor tras conseguir o compromiso por parte do Goberno Local relativo á habilitación das Amorosas e as calas de San Roque como espazos para o esparexemento canino.

Noroeste

A rexedora tivo que saír do pleno, “por primeira vez” por un asunto persoal (acabou voltando pasadas as 14:30h da tarde), xusto antes de sacar o BNG unha moción sobre a mala organización do Festival Noroeste. O BNG, lembrou a calamitosa posta en marcha do festival, coa presentación do cartel apenas 4 días antes do seu comezo con apenas un comunicado, uns días despois das lamentables declaracións do concelleiro de Cultura nas que recoñecía a prevalencia dos festivais privados aos públicos.

Dedicou apenas un minuto o propio Gonzalo Castro para intentar explicar aquelas declaracións, sinalando que “os procedementos de 500.000€ non son modelos culturais para unha cidade”, e se sentiu “triste”, porque asegurou que “o cartel naceu dunha escoita activa do sector…” e nomeu, descargando a responsabilidade en xentes como Marta Horjales, Héctor Lendoiro, Gandi, Tomi Legido, Nonito… Surrealista que queira implicar a todas estas personalidades da cidade, que ben poderían estar contratadas percisamente nesa praza que pediu o BNG para organizar o Festival…

Non quedou aí Castro, que mesmo a pedir “un mínimo recoñecemento ao cartel”, por consideralo “o máis galego da historia do Noroeste” e o máis “feminista”, sen ter en conta que houbo edicións como a de 2019, no que ata a metade do cartel era feminino.

Outro modificativo para o IMCE

O BNG tamén permitiu aprobar outro novo modificativo de crédito para o Instituto Municipal de Cultura e Espectáculos, por un total de case 200.000€.

O voto afirmativo da formación nacionalista chega após negociar co Goberno Local que a mudanza nas contas dunha partida de 91 mil euros vaia para financiar a Romaría de Santa Margarida e o programa cultural Cascarillarte.

 

 

ÚLTIMAS

As obras na avenida Alfonso Molina, na Coruña, provocarán cortes de tráfico as dúas próximas semanas

As obras de remodelación da avenida Alfonso Molina, na cidade da Coruña, provocarán cortes...

Correa Corredoira: “Fago un chamamento á refundación da Luís Seoane”

Con afán “positivo” e “propositivo”, e coa libertade de ser unha “persoa maior e...

O Prácticas segue en loita

Xa decembro do ano pasado denunciaban o deplorable estado das instalacións do centro. Ante...

O TSXG rexeita a suspensión cautelar da taxa turística da Coruña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou a suspensión cautelar da taxa...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here