InicioA CORUÑAA nova licitación do Master Plan da Fachada Marítima: un golpe ou...

A nova licitación do Master Plan da Fachada Marítima: un golpe ou unha oportunidade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Anunciábase onte que o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais vén de obrigar a repetir a primeira licitación do Máster Plan de Coruña Marítima, tras estimar os recursos formulados por un grupo de profesionais da cidade.
Unha resolución que obriga a abrir un novo expediente de licitación, o que para moitos supón unha oportunidade para reformular os acordos extratéxicos asinados e o procedemento de contratación.

Unha nova á que reaccionan tanto o BNG como a plataforma cidadá Defensa do Común, moi involucrada en todo o proceso, que ademais organiza este mércores unha interesante palestra informativa.

”O BNG xa alertara”

Dende o BNG lembran a súa abstención o 24 de xaneiro de 2025, na votación do esquema de licitación e as bases para a elaboración dos pregos que ían rexer a contratación do Máster Plan para a transformación do porto interior da Coruña. Entre as razóns aducidas para sustentar esa abstención figuraba o feito de que as bases do concurso introducían criterios que, de forma inxustificada, restrinxían a participación de persoas expertas da nosa cidade.
“Sempre dixemos que na transformación da fronte marítima era ben contarmos co coñecemento e a experiencia dos profesionais da cidade, tendo en conta, por exemplo, as achegas que fixeron nas súas comparecencias na Comisión Especial da Fachada Marítima”, di Francisco Jorquera.

Defensa do Común pide reformulación

Para a plataforma cidadá a Resolución do Tribunal confirma que “os Pregos aprobados supoñían unha clara discriminación e restricción á competencia, inxustificxadas e carentes de motivación”. Para a entidade, “as esixencias que o Tribunal considera contrarias a Dereito (ao carecer de toda motivación e xustificación) afectaban non so á selección e exclusión dos concursantes senon tamén aos criterios de adxudicación. Dita esixencias, referidas a ter participado en proxectos ou plans en cidades de mais de 150.000 habitantes e, especialmente, o de acreditar un importe superior a 100 millóns de €, eran totalmente desproporcionados e carentes por completo de xustificación, tal e como resolve agora o Tribunal”.

Defensa do Común critica ademais a forma de comunicar da Autoridade Portuaria da Coruña, que onte anunciaba o novo procedemento con este titular: ”O TRIBUNAL DE RECURSOS CONTRACTUAIS VALIDA O PROCEDEMENTO DO MÁSTER PLAN DE CORUÑA MARÍTIMA, INDICANDO UNICAMENTE QUE DEBEN XUSTIFICARSE DOUS DOS CRITERIOS DE SELECCIÓN DAS CANDIDATURAS”.
“É lamentable que a APAC pretenda minimizar o contido e efectos da Resolución do Tribunal”, critica a pataforma que considera a resolución como “un duro golpe para a credibilidade contractual da APAC e das Administracións que apoiaron ditos pregos”.

Con todo, a entidade considera que a apertura dunha nova licitación “constitúe unha oportunidade para revisar non só os pregos do concurso senon tamén as bases do mesmo (e os acordos estratéxicos) e o propio procedemento de contratación”.

Nova palestra

E para avaliala a entidade organiza unha completa palestra informativa coa presenza de de Martín Fernández Prado, presidente da Autoridade Portuaria; José Manuel Lage Tuñas, Concelleiro do goberno coruñés; Ruth Varela, presidenta da Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG); Francisco Jorquera, presidente da Comisión a Fachada Marítima e Benedito Álvarez, membro da Xunta Directiva de Defensa do Común. Defensa do Común ten outros actos programados que serán anunciados oportunamente.

A cita será este mércores, día 17, ás 19:30 h., no Fórum Matropolitano.

O Concello minimiza a resolución

Mentres, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, limitou a “dúas correccións técnicas” en base aos recursos presentados os cambios no Máster Plan de Coruña Marítima que definirá o futuro da fachada portuaria coruñesa. “Sairá con carácter inmediato esa licitación”, aseverou a preguntas dos xornalistas para indicar que se manteñen os prazos “máis ou menos igual” do que se tiña previsto.

Aseguran que ” resolución do órgano especializado en contratación pública establece, como únicas esixencias, que o concurso salga de novo a licitación, pero incorporando a xustificación de ter experiencia en traballos similares en cidades de máis de 150.000 habitantes”. “E que as empresas ou profesionais acrediten tamén experiencia en proxectos de edificios singulares con orzamentos superiores a 100 millóns de euros ou ben retirando ambos os requisitos”, engade.

Máis novas

Un tribunal determina ampliar requisitos do plan da fachada marítima, que sairá de novo a licitación

“Contrariamente ao declarado polo goberno local, os Convenios do 2004 seguen vixentes nas Bases Estratéxicas de Coruña Marítima”

“A xoia da cidade, a fachada marítima, como vai depender dunha débeda entre administracións?”

Os requisitos do polémico proceso de licitación do Máster Plan Coruña Marítima que alonxa aos profesionais locais

Xavi Mariñas, sobre Coruña Marítima: “Imos quedar cun porto dedicado só ao tráfico turístico como Dubrovnik”

ÚLTIMAS

Tiruleque rende homenaxe á Repichoca no seu novo disco e no concerto no Colón

Tiruleque saca á venda o que será o seu quinto disco de estudio. Tras...

A Xunta cifra en máis de 5.000 as vivendas planificadas na Coruña para 2028

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, cifrou en máis...

A Xunta afirma que son as cidades galegas as que deben dicir o funcionamento das VTC: “Respectarémolo”

Mentres o Concello avanza na ordenanza de mobilidade que fixe as normas para os...

O PP critica que a Universidade da Coruña teña a bandeira palestina: “Busca a confrontación”

O portavoz do PPdeG no Parlamento galego, Alberto Pazos, tachou de "grave ataque ao...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here