InicioPOLÍTICAO BNG esixe á Xunta "prazos reais" sobre a ampliación do CHUAC...

O BNG esixe á Xunta “prazos reais” sobre a ampliación do CHUAC e anuncia iniciativas no Parlamento galego

Publicada o

Por europapress

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, esixiu á Xunta “prazos reais” sobre a ampliación do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) e anunciou iniciativas no Parlamento galego a este respecto. Fíxoo con motivo dunha reunión coa Xunta de Persoal do Chuac e nunhas declaracións aos medios de comunicación nas que asegurou que “se anunciou que en 2025 o 80 % das obras estarían realizadas”.

“Estamos a acabar 2025 e o que podemos ver é que só se executou o 5 % desas obras e o máis lamentable é que, ante o atraso, o Goberno de Rueda diga que están orgullosos do ritmo das obras”. Fronte a iso, manifestou que si existe “preocupación” entre os galegos e galegas que reciben asistencia neste centro “e que ven que só hai atrasos”.

“No canto dun novo hospital, hai un gran buraco e uns valos”, sentenciou para indicar que levarán este asunto ao Parlamebto galego para esixir á Xunta “explicacións de anuncios propagandísticos e demandar que haxa prazos reais destas obras”. Ademais, acusou ao PP de facer “promesas que non cumpre”. “E iso repercute na atención sanitaria”, apostilou.

ÚLTIMAS

Un incendio calcina unha habitación nunha vivenda na Ronda de Outeiro e o fume afecta a dúas persoas, que foron trasladadas

Un incendio calcinou unha habitación nunha vivenda na Coruña e saldouse con dúas persoas...

Culleredo retira honras franquistas e cambia o nome de dúas rúas por memoria histórica

O Concello de Culleredo retirará a condición de dous fillos adoptivos e cambiará o...

A Rede Acampa pola Paz, obrigada a disolver a súa actividade en Galicia

Outro dos fitos dos que se pode loubar o goberno socialista é de acabar...

Monte Alto vive un Alcuentru entre Galicia e Asturias de música tradi

Este sábado, 21 de marzo, o barrio de Monte Alto comparte música tradicional con...