InicioA CORUÑADebe condicionar o pago da débeda do porto exterior a trascendental reordenación...

Debe condicionar o pago da débeda do porto exterior a trascendental reordenación da fachada marítima?

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Pouco público este pasado mércores no Forum para a interesantísima Palestra sobre o trascendental proxecto da Fachada Marítima, que vai afectar á integración urbanística de 1 millón de metros cadrados de chan portuario. E en parte pode pola sensación da cidadanía de que nada ten que aportar a un proxecto que parece que se vai facer dende arriba, dados os falsos procesos de participación cidadá que se formularon durante a redacción das Bases Estratéxicas do Master Plan Coruña Marítima.

Onte, o presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, e o concelleiro de Eocnomía, José Manuel Lage Tuñas, accedían por primeira vez a participar nun foro organizado pola activa plataforma cidadá Defensa do Común. Unha palestra formada por dous claros bandos: por un lado, os dous responsables das administracións (AP e Concello) que basearon o seu discurso na importancia do consenso entre administracións; e polo outro o crítico dúo formado Ruth Varela, presidenta da Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG); e Benedito Álvarez, membro da Xunta Directiva de Defensa do Común. Todo, baixo a arbitraxe de Francisco Jorquera, presidente da Comisión Coruña Marítima, que tamén acodía para dar ao seu grupo, o BNG.

A clave do debate foi clara: Debe o pago da débeda da Autoridade Portuaria con Portos do Estado pola construción do Porto Exterior condicionar a reordenación dos terreos da Fachada Marítima? Debe afectar unha débeda entre administracións coartar a meirande transformación urbana da cidade neste século?

Mágoa que a premura do peche do centro público impedise que o debate puidese ser algo máis profundo, pero cando menos, os responsables políticos puideron escoitar o sentir da cidadanía, que segue apostando polo mantemento da titularidade pública dos terreos, que esixe que “o porto siga sendo porto”, que pide máis zonas verdes e menos vivendas pivadas, e que esixe unha participación real no procedemento, así como un concurso público aberto e sen restricións.

Palestra Fachada Maritima no Forum
Benedicto Álvarez, Ruth Varela, Flor Antelo, José Manuel Lage Tuñas, Martín Fernández Prado e Francisco Jorquera na palestra do Fórum

”A xoia da coroa”

Flor Antelo, a presidenta da asociación veciñal da Agra do Orzán e integrante da xunta directiva de Defensa do Común, xa presentou a palestra como “un conflito de intereses entre o público e o privado”, nun trascendental proceso de “construción do futuro do mellor espazo da cidade”, “a xoia da coroa”, como todos recoñeceron.

Fernández Prado: Consenso como aval

Comezaron falando Fernandez Prado e Lage Tuñas poñendo en valor o consenso entre as 6 administracións, de distintas cores, que asinaron o documento de Bases Estratñexicas. Fernández Prado, que comezou defendeu o debate público a pesar de ter rexeitado outras veces a invitación, fixo unha apoloxía do porto exterior, sinalando que é máis eficiente que o porto interior.
Sinalou como fito o traslado definitivo de Repsol de San Diego ao porto exterior (ten ata finais do 27) e apuntou que todos os que operan no interior xa pediron traslado pero esperan que a posta en marcha do tren no porto exterior despois do verán de 2026 (acaban de rematar a excavación dos túneles) para executar ese traslado.
Foi ao final, despois das críticas pola segura afectación á actividade pesqueira, cando o propio Fdez. Prado apuntou que “o problema non é de espacio, hai mesmo media lonxa baleira”, e puxo a responsabilidade na “xente que compra máis no super que peixe fresco na pescadería, e que hai máis acuicultura”, sen recoñecer que precisamente este proceso de transformación aberto en 2004 leva freando o investimento no porto exterior durante as dúas últimas décadas.

O presidente deixou clara a intención da Autoridade Portuaria cara co porto interior, deixando claras as prioridades: os cruceiros, a actividade náutica, a mercancía limpa e a pesca, que nomeou de última, a pesar de recoñecer que segue a ser o primeiro porto de España en pesca fresca.

Lage Tuñas: ”A débeda portuaria si condicionou a conversación” e “si, queremos vivenda no porto”

Na mesma liña, o edil e voceiro do grupo de goberno Lage Tuñas, que aceptou a invitación a última hora, volveu loubar o consenso entre administracións, e incidiu en que estamos ante longo proceso de décadas. Pero dúas ideas claras para o grupo de goberno: é necesario asegurar a viabilidade económica do proxecto. E si, a débeda portuaria condicionou a conversación”, sinalou.

Tamén deixou claro que, se ben considera que “os convenios de 2004 están superados” (algo que volveron rebater sobre o papel os outros dous ponentes), “queremos darlle usos incluída a construción de vivenda”, aínda “sendo conscientes de que non vai solucionar o problema da cidade”.

Jorquera informa

Jorquera, como presidente da Comisión Coruña Marítima, pero tamén tirando para casa (BNG), deixou claro antes de empezar que “esta Comisión non ten capacidade decisoria, só informativa”. E se dedicou a lembrar algunhas das conclusións do ciclo de comparecencias con expertos: “debe primar coidado da paisaxe urbana; preservar as actividades produtivas (que o porto siga sendo porto apostando tamén pola economía azul), resolver a débeda da AP polo porto exterior con Portos do Estado, intentando evitar que o pago da débeda condicione as decisións sobre o futuro do espazo”.
Alén disto, as comparecencias propuxeron que “no resto de espazo deberían ir aparcamentos disuasorios, servizos ferroviarios de proximidade e conexión cos buses, zonas verdes, convertila unha zona de barreira contra as subida do mar, equipamentos (pero necesarias, non duplicidades)”.
Sobre a vivenda, “os ponentes apuntaron que canto menos mellor, sempre intentando o efecto illa ou guetos para ricos. E apuntou que para o BNG non é tan importante o feito de que haia ou non vivenda, sempre que se asegure a titularidade pública dos espazos, é dicir, a través de fórmulas concesionais ou de proxectos de vivenda protexida.

A crúa visión do COAG sobre o documento e sobre o concurso

Ruth Varela, a presidenta do Colexio de Arquitectos de Galicia, que xa estivo moi afiada no último foro celebrado en febreiro no Circo de Artesáns, xa comezou sinalando que “despois de falar a musica, vou falar do texto real”. Pediu “prudencia”, “lembrando que vivimos nunha “cidade-porto”, e referíndose unha e outra vez ao texto das Bases Estratéxicas, denuncia que “se reduce as actividade portuaria por diante dos plans especulativos, e formas privatizadoras”. “No canto dun proxecto de carácter público e viable, imos ter menos porto e menos futuro”, setenciou, lembrando o “delicado escenario ao que nos enfrontamos tanto no climático, como no social e na económica mundial, e tamén a burbulla da vivenda”.” A sostibilidade non se engade como as sal å posteriori, ten que ser estrutural”, apuntou en clave medioambiental. “Xa chegaron os fondos buitre ás Xubias e teñen os ollos na xoia da coroa”, alertou en clave económica.

Porque o COAG califica o documento de bases como“un proceso de branding urbano para cambiar a actividade portuaria na turistificacion de vivendas ricas e cruceiros”. Lamentou que o documento non tivera en conta as 4 cuestións firmes que enviaron como alegacións: “a mentira da partición cidadá; a condonación da débeda, a falta de cartografías e dunha cuantificación real da ordenación urbanística (que porcentaxe de solo se vai destinar a zonas verdes, a vivenda…).

Fixo fincapé no “concurso máis restrinxido” que lembra a entidade, obrigando aos concursantes a ter dúas dotacións de 100 millons, “primando o músculo financeiro de fondos internacional, sobre o coñecimento sobre o porto, que non está recollido como punto de interese. Lembrou que esta semana un “Tribunal resolveu que o concurso incumple a lei, que ten unhas restricións desproporcionadas”, e postulou o momento como “unha oportunidade para reconducir o concurso e abrir o procedemento tamén aos estudios da cidade”.

”O escenario segue a ser o de 2004”

A pesar das palabras de Lage Tuñas, Benedicto Álvarez (DDC) lembrou, como xa levan meses avisando, que “o texto das Bases Estratéxicas do Master Plan que vai definir o rumbo do concurso público mantén que o escenario segue a ser o de 2004”, é dicir a desafectación e venda dos terreos de San Diego para a construción de vivenda, que sirva para pagar as débeda da AP”.

Ante esta situación lamenta que o documento non recolla o ”consenso ao que chegou a cidadanía: o porto ten que seguir sendo porto; a titularidade e xestión do porto debe seguir sendo públicas; e a débeda non debe condicionar o procedemento”.

Fixo un repaso da famosa débeda da Autoridade Portuaria con Portos do Estado por porto exterior: quedan por pagar 170 millóns (parte desta débeda é para pagarlle a Repsol para o traslado; e a AP da Coruña xa leva pagados 50 millóns en intereses por unha débeda entre administracións…). Lembrou que en Valencia se condonaron 400 millóns “destinadas ademais a tinglados e operacións deportivas.

A rolda de debate

Durante a rolda de intervencións (que non puideron ser rebatidas polos ponentes pola falta de tempo), unha veciña destacou que “a condonación da débeda é posible, se hai vontade política”, e alertou de que “consolidar vivenda ten a problemática de que metes no medio a propiedade privada, que é algo que non se pode reverter”.

”Non mancilledes a palabra participación”

O arquitecto Iago Carro, fixo fincapé no falso proceso de participación cidadá: “Participación é abrir un buzón de suxerencia nun web malísima, organizar 5 foros nun sitio como o Palexco sen espazo para as preguntas, por non mencionar o acto final que pretendá poler en valor o proceso de participación organizado nun espazo privado sen aforo suficiente e ao que se privou da entrada a moitas persoas?”. “Ou o tomades en serio ou non mancilledes a palabra participación cidadá”, por favor, rogou, lembrando tamén que nin a Comisión Coruña Marítima ten publicadas as súas conclusións.

Outra veciña de Oza – Os Castros lembrou que nos anos 2004-2006 conseguiron, tras varias mobilizacións, 12.000 sinaturas nas que veciñanza defendía a conversión en zonas verdes, “cando aquí o que queren é dar un pelotazo urbanístico”, denunciando que “o único consenso aquí é para especular”, deixando aberta a hipótese das “portas xiratorias”.

Máis novas

Un tribunal determina ampliar requisitos do plan da fachada marítima, que sairá de novo a licitación

“A xoia da cidade, a fachada marítima, como vai depender dunha débeda entre administracións?”

Os requisitos do polémico proceso de licitación do Máster Plan Coruña Marítima que alonxa aos profesionais locais

O “evento cidadán” da Comisión Coruña Marítima búrlase do significado de participación cidadá

Garante o protocolo da Fachada Marítima a titularidade pública do terreos portuarios de San Diego?

“Contrariamente ao declarado polo goberno local, os Convenios do 2004 seguen vixentes nas Bases Estratéxicas de Coruña Marítima”

Os requisitos do polémico proceso de licitación do Máster Plan Coruña Marítima que alonxa aos profesionais locais

Xavi Mariñas, sobre Coruña Marítima: “Imos quedar cun porto dedicado só ao tráfico turístico como Dubrovnik”

ÚLTIMAS

Un ciclo de cine, un mural e unha exposición en Oleiros contra o xenocidio do pobo palestino

Segue a ser o Concello de Oleiros unha das entidades públicas de todo o...

Máis de 100 filmes independentes de 17 países forman o programa do Festival Intersección

O festival Internacional Intersección da Coruña presentou hoxe a programación completa da súa oitava...

Teset Capital adquire a planta de valorización de residuos de Sologas na Coruña

Teset Capital, xestora de fondos independente especializada en investimentos en infraestruturas do mid-market europeo,...

As persoas con parálise cerebral de Aspace lanzan unha campaña contra o uso inaxeitado das prazas de Mobilidade Reducida

Mentres na Coruña a cidade celebra a Semana Europea da Mobilidade, por Sada, a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here