InicioBARRIOSO goberno local presentou a serie de encontros veciñais para debullar un...

O goberno local presentou a serie de encontros veciñais para debullar un Plan de Barrios que inviste 125 millóns

Publicada o

Por editor

O Goberno municipal presentou esta mañá de xoves 18 de setembro, no Ágora, o Plan de Barrios 2025-2027 ante varias entidades veciñais. Os edís sociliastas debullaron a ruta estratéxica que mobilizará 125 millóns de euros en actuacións distribuídas polos dez distritos da cidade.
O encontro contou coa participación de máis de trinta representantes de asociacións veciñais, e buscará recoller o sentir dos barrios a través dunha serie de encontros veciñais.

O Grupo de goberno socialista ao completo
O Grupo de goberno socialista ao completo

Actualmente o plan, que se estrutura en 4 eixos, conta xa con máis de 30 actuacións en execución, outras 7 adxudicadas e 16 en fase de licitación, como son a remodelación dos Cantóns, a rehabilitación do mercado de Santa Lucía, a posta en marcha do parque do Observatorio no Agra ou a reforma do centro cívico de Labañou:

  • Humanización e rexeneración urbana (45 M€).
  • Parques infantís e zonas verdes (12 M€).
  • Equipamentos e dotacións públicas (28 M€).
  • Mobilidade sostible e espazos públicos (15 M€).
  • Infraestruturas urbanas transversais (25 M€).

Calendario de encontros coa alcaldesa

Este será o calendario de encontros veciñais ata finais de ano, para presentar o detalle das actuacións, recoller propostas e dar seguimento aos avances:

  • Martes 23 de setembro | 19.00 horas – Centro Cívico Os Mallos
  • Mércores 24 de setembro | 19.00 horas – Centro Cívico Castrillón
  • Mércores 1 outubro – 19.00 h | Centro Cívico San Diego
  • Xoves 2 outubro – 19.00 h | Centro Cívico Monte Alto
  • Mércores 8 outubro – 19.00 h | Centro Cívico O Birloque
  • Martes 14 outubro – 19.30 h | Centro Cívico Mesoiro
  • Martes 21 outubro – 19.00 h | Centro Cívico Os Rosales
  • Martes 28 outubro – 19.00 h | Cidade Vella – Casa Veeduría
  • Mércores 29 outubro – 19.00 h | Matogrande/Xuxán – Residencia DomusVi
  • Martes 4 novembro – 19.00 h | Centro Cívico Monelos
  • Mércores 5 novembro – 19.00 h | Labañou/Riazor
  • Martes 11 novembro – 19.00 h | Centro Cívico Elviña
  • Mércores 12 novembro – 19.00 h | Centro Ágora
  • Xoves 13 novembro – 13.00 h | Centro Cívico de Pescadores
  • Xoves 13 novembro – 19.00 h | Centro Cívico Eirís
  • Martes 25 novembro – 19.00 h | Centro Cívico Sagrada Familia
  • Mércores 26 novembro – 19.30 h | Centro Cívico Palavea
  • Xoves 27 novembro – 13.00 h | Centro Cívico A Silva
  • Mércores 3 decembro – 19.00 h | Durmideiras (Mercado)
  • Xoves 4 decembro – 20.00 h | Centro Cívico Santa Lucía
  • Martes 9 decembro – 19.00 h | Visma (Espazo veciñal)
  • Mércores 10 decembro – 19.00 h | Bens
  • Xoves 11 decembro – 13.00 h | Centro Cívico de Feáns
  • Xoves 11 decembro – 19.00 h | Nostián

Outras novas

Debe condicionar o pago da débeda do porto exterior a trascendental reordenación da fachada marítima?

ÚLTIMAS

O pub Neón reconvertido nun turreiro. O proxecto Pesquedellas repensa a foliada como retrato da mocidade galega

Reformular a foliada é algo que vén facendo a música galega contemporánea moi ben...

Jevaso, o “xigante textil” que crece por fóra pero se baleira por dentro

A de Jevaso é unha desas historias de "éxito empresarial" que nace ao amparo...

Máis dun milleiro de persoas asistiron ás actividades do festival internacional Animacción

Seis días de intensa actividade vivíronse no Forum Metropolitano no marco do Festival Internacional...

A RPT e os autónomos chegarán ao pleno coruñés con mocións de BNG e PP

Este xoves 6 de novembro volve haber pleno en María Pita, e os asuntos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here