InicioBARRIOSA Xunta de Compensación "Parque de Oza" presenta o borrador do PERI...

A Xunta de Compensación “Parque de Oza” presenta o borrador do PERI da urbanización do Castrillón

Publicada o

Por editor

Novo paso adiante no proxecto de urbanización do Castrillón. Un proxecto que leva máis de dúas décadas paralizado, que provocará a construción de máis dun milleiro de vivendas para completar un barrio que tiña unha ampla esquecida.

A Xunta de Compensación do API Q28 “Parque de Oza” (a figura legal urbanística que permite desenvolver este tipo de desenvolvementos, formada por propietarios particulares do barrio -arredor do 50%, que xuntaron as súas propiedades para urbanizar conxuntamente- e outros grandes tenedores como a Fundación Juana de Vega, Aliseda, Sareb e Concello) xa ten rematado o borrador do PERI (Plan Especial de Reforma Interior) e o documento de Avaliación Ambiental Estratéxica para que este poida iniciar a súa andaina. Un documento no que, aseguran, aumenta ata o 63% o chan destinado a uso e dominio público, mesmo por riba do acordado en xuño co Concello.

Tras desbotar a presenza de restos arqueolóxicos, a Xunta de Compensación asegura que “o desenvolvemento urbanístico que permitirá completar o barrio do Castrillón aposta polos novos modelos que se están aplicando xa en toda Europa, e que coidan a mobilidade e a permeabilidade establecendo espazos que vertebran e comunican as distintas mazás fuxindo das edificacións en pantalla”.

A previsión é que sexa en outubro cando a asemblea de propietarios da Xunta de Compensación poida ratificar o documento para que o Concello poida remitilo á Consellería de Medio Ambiente para a tramitación da Avaliación Ambiental Estratéxica. Será unha longa travesia burocrática, aínda, que continuará nos vindeiros días coa presentación dos documentos por parte da Xunta de Compensación ante a  Administración Local e ás asociacións veciñais.

Máis novas do proxecto

A veciñanza do Castrillón pide menos edificabilidade e máis VPO na nova urbanización

A AVV Castrillón-Urbanización Soto IAR pide que a nova zona residencial se basee no concepto de “supermazá”

As obras da urbanización do Castrillón botan abaixo as casetas das hortas

A veciñanza do Castrillón amosa as súas inquedanzas ante a creación de 1.000 novas vivendas

O Castrillón: Así será a necesaria reforma da praza José María Hernansáez

ÚLTIMAS

Familias e entidades quecen a manifestación das ANPAS deste sábado por un ensino público de calidade

Este sábado 28 de febreiro, ás 11:00 horas, unha marea de familias percorrerá o...

“Therians” como unha nova distracción fascista máis

Non sempre coinciden as miñas opinións como persoa e como sociólogo, de feito, soe...

A Plataforma polo Dereito á Vivenda comeza unha campaña no barrio con maior densidade de poboación de Galicia

O barrio da Agra do Orzán, o barrio de maior densidade de poboación en...

Dous incendios en vivendas de Culleredo e A Coruña deixan un ferido

Unha persoa tivo que ser trasladada ao hospital con queimaduras tras declararse un incendio...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here