InicioBARRIOSA veciñanza do Castrillón pide menos edificabilidade e máis VPO na nova...

A veciñanza do Castrillón pide menos edificabilidade e máis VPO na nova urbanización

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Segue a veciñanza do Castrillón moi preocupada pola nova urbanización que vén de aprobar o Concello, acorde coa súa política urbanística. Un proxecto, o API QA-28, que creará máis de 1.000 novas vivendas coa construción de 3 torres de 17 alturas e outros 15 edificios de 8 pisos.
De aquí a uns anos, o barrio contará con 2.500 novos veciñ@s a pesar da carencia de equipamentos, como xa denunciou tamén o presidente da AVV. O Castrillón Ramiro Otero.

Neste caso é a A.V.V. Castrillón-Urbanización Soto IAR a que vén de presentar unha batería de alegacións ao convenio urbanístico API Q28 “Parque de Oza”. Ata 31 folios entre os que destacan varios puntos chave.

A entidade pide reducir a edificabilidade. “Non se explica o aumento do aproveitamento en 9.847m2 no PXOM de 2013 nin a incorporación ao ámbito de chan ao lado da Ronda de Outeiro”, pedindo que a edificabilidade non supere o límite legal que se fixa en 1,5 m2/m2.

Piden ademais que a porcentaxe de Vivenda Oficial Protexida sexa do 30% non 10% como está anunciado (sendo o mínimo estipulado pola lei de 2023 o 20%).

Piden tamén que convenio inclúa un equipamento preto da última sede do Concello de Oza, edificio que se vai rehabilitar e respectar.

Moita preocupación hai no barrio ante o aumento de tráfico, por iso piden o compromiso de facer un estudo de tráfico global, tendo en conta que o proxecto de “super manzana” provocará que a intesidade do tráfico aumente considerablemente na parte externa da mesma.

Entre outras cousas esixen tamén elementos electromecánicos de tránsito peonil para unir a urbanización co Parque de Oza.

E ademais, lembran que existe un xacemento arqueolóxico preto da Avenida da Concordia, polo que solicitan a realización de sondeos deste xacemento da Idade de Bronce.

Máis novas

A veciñanza do Castrillón amosa as súas inquedanzas ante a creación de 1.000 novas vivendas

O Concello aproba outras 1.000 vivendas novas no Castrillón

 

ÚLTIMAS

Varios feridos nunha pelexa multitudinaria entre clans no Burgo

Nova pelexa masiva entre clans no Burgo, en Culleredo, con varios feridos. Polo momento,...

Recorren a posta en liberdade do absolto como cómplide no asasinato de Samuel Luiz

A Fiscalía presentou un recurso no Tribunal Supremo contra a sentenza do Tribunal Superior...

O conselleiro de Sanidade cre que a UDC debe “frear” o trámite para implantar Medicina

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, cre que a Universidade da Coruña (UDC) debe "frear" os...

Castelo xa case conta

Deu comezo a X edición do Festival Castelo Conta. Unha cita "xa imprescindible para...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here