InicioPOLÍTICAA Xunta di non ter constancia de "tantas queixas" co problema de...

A Xunta di non ter constancia de “tantas queixas” co problema de buses na Intermodal da Coruña

Publicada o

Por editor

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, admitiu posibles “desaxustes” nalgún servizo de bus pola posta en funcionamento da nova estación de autobuses na Coruña, pero defendeu a necesidade de a abrir unha vez remataron as obras.

Nun acto en Vigo e a preguntas dos xornalistas, reprochou que aínda non haxa data sobre cando entrará en funcionamento a estación ferroviaria e engadiu que, pola parte da Xunta, unha vez concluída a obra, non se podía manter “pechada” a de autobuses.  Por outra banda, asegurou non ter constancia de “tantas queixas” en relación cos problemas xerados polas modificacións nas liñas.

A este respecto, apuntou “á utilización partidista por parte dalgúns partidos neste asunto”. Ademais, defendeu que hai información para os usuarios a través de distintas aplicacións e que tamén se informou os concellos da área metropolitana coruñesa.

ÚLTIMAS

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...

Os tres grupos aproban por unanimidade apoiar ás 50 familias afectadas polos 8 edificios comprados por fondos boitre

Importante (haberá que ver se se traduce en feitos) o acordo ao que chegaron...

O goberno local da Coruña manterá a conxelación de taxas e tributos o próximo ano

O goberno local da Coruña ten previsto manter as taxas e tributos municipais sen...

Os sindicatos valoran o seguemento e as manifestacións da Folga Xeral: “Está sendo un éxito”

Parece domingo este mércores 11 de novembro na Coruña. A Folga Xeral por unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here