InicioMOV. SOCIAISAs traballadoras dos Coidados esixen unhas condicións dignas

As traballadoras dos Coidados esixen unhas condicións dignas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

As traballadoras das residencias privadas da terceira idade, centros de día e servizos de axuda no fogar están secundando este xoves a cuarta xornada de folga convocada pola CIG neste mes de setembro para demandar condicións salariais e laborais dignas. Para visibilizar a súa loita, e ante as dificultades que implica levar adiante unha folga con servizos mínimos abusivos, as traballadoras mobilizáronse en distintas localidades ao longo de todo o país e diante de numerosos centros residenciais, arroupadas ademais, polas persoas usuarias.

A CIG-Servizos valora o 100% de asistencia, a pesar dos servizos mínimos “abusivos”, para denunciar unha máis que necesaria reclamación de convenios dignos e salarios decentes.

 

Concentracion Coidados Corunha Orpea-Bouco-Folga
Concentración na residencia Bouco

No SAF

Piden que se reactiven os convenios laborais, como do SAF, caducado hai 12 anos, e que provoca que perduren “horarios incompatibles coa vida persoal”, soldos por debaixo do mínimo, a falta de protocolos de seguridade para as traballadoras. . “Prestamos servizo en domicilios nos que se producen ameazas, acosos e agresións”.

Tamén fixo fincapé na total ausencia de axudas técnicas “mesmo para mover a persoas de máis de 100 quilos de peso”.

Concentracion traballadoras coidados Corunha Caser_A Zapateira
Concentración na residencia de Caser da Zapateira

Ratios insuficientes nas residencias

A escaseza de persoal provoca unha sobrecarga de traballo “brutal” que impide que as empresas poidan atopar persoal disposto a traballar nestas condicións laborais de precariedade derivadas dun convenio que expirou en 2024. Neste senso, lembrou que unha traballadora pode atender até 15 persoas ou máis. “Eu mesma, cando traballei nunha residencia, tiven que deitar unha noite a 25 persoas”.

“Moitas de nós cobramos por debaixo do salario mínimo, pero complementamos con pluses como antigüidade ou festivos e domingos”.

 

ÚLTIMAS

A Xunta de Goberno aproba novas actuacións en barrios e autoriza un novo edificio en Visma

A Xunta de Goberno local da Coruña aprobou novas actuacións en barrios, ademais de...

Sumar, Esquerda Unida e Podemos unen o seu discurso fiscalizando a falta de execución do goberno municipal

Tecendo xa camiños para as Eleccións Municipais de 2027, os grupos de Sumar, Esquerda...

As traballadoras das grandes cadeas do téxtil responderon na rúa á sinatura do convenio estatal ARTE

Este martes, os sindicatos CCOO e Fetico, asinaban coa patronal ARTE (da que forman...

A oncóloga herculina Begoña Graña Suárez, gañadora do VIII Premio de Poesía Eduardo Pondal

Reunido o xurado, xa temos nome da autora gañadora do VIII Premio de Poesía...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here