InicioSUCESOSDetida un home na Coruña por ameazar a menores tras captar as...

Detida un home na Coruña por ameazar a menores tras captar as súas imaxes sexuais as través redes sociais

Publicada o

Por editor

A Garda Civil, no marco da operación “Rocki II”, detivo na Coruña, a unha persoa que obtiña imaxes de carácter sexual de menores de idade a través das redes sociais mediante
coaccións e graves ameazas. Ata o momento foron identificadas 24 vítimas que eran menores de idade no momento da comisión do delito, e foi unha delas as que comezaba a operación en 2023 gracias á súa denuncia.

No rexistro practicado no domicilio do detido, os axentes incautáronse gran cantidade de dispositivos informáticos con contido sexual.

Os xentes puideron comprobar que, o agora detido, operaba en distintas redes sociais baixo varias identidades para contactar con menores de idade. Así mesmo, comprobaron que o autor utilizaba sofisticados métodos e ferramentas tecnolóxicas para tratar de ocultar a súa identidade na rede.

Ciberseguridade detido imaxes sexuais redes sociais
Imaxe do seu rexistro

Igualmente, constatouse que esta persoa utilizaba un patrón sistemático para extorsionar ás vítimas. Inicialmente, enviaba ás súas vítimas unha imaxe íntima propia (coñecida como “nude”). Posteriormente, e valéndose de diferentes artimañas e manipulación psicolóxica, solicitaba a cambio outra fotografía espida das vítimas. Ao recibir o primeiro espido, o presunto autor iniciaba unha progresiva acosación.

Unha vez que obtiña a imaxe da vítima, tentaba obrigala a aceptar un acordo que finxía ceder os dereitos de uso das imaxes que recibira. Baixo este falso acordo, tentábaas convencer de que así quedaba exento de calquera responsabilidade na súa tenencia ou posible difusión e evitar ser denunciado posterior polas persoas ás que enganaba.

Así mesmo, para obter máis material pornográfico, o detido chegou mesmo a suplantar a identidade doutras persoas en distintas plataformas de redes sociais. Con estes novos perfís, contactaba de novo coas vítimas iniciando un novo ciclo de chantaxe ao informarlles que obtivera imaxes sexuais delas e que as difundiría na súa contorna persoal se non lle enviaban máis. Tal era a presión constante e sostida que exercida sobre as vítimas que chegou a provocar nalgunhas delas graves trastornos depresivos.

Por tal motivo, a Garda Civil procedeu á detención do presunto autor. Na entrada e rexistro do seu domicilio, acháronse gran cantidade de dispositivos informáticos, incluíndo teléfonos móbiles, computadores e dispositivos de almacenamento masivo. A primeira análise destes dispositivos revelou unha inmensa cantidade de información, fotografías, vídeos e arquivos almacenados polo investigado, confirmando a gravidade e transcendencia dos feitos delituosos. Como resultado deste exhaustivo labor, a Garda Civil ha logrado identificar plenamente a 24 menores vítimas ao longo do territorio nacional, situación que algunha delas sufriu durante anos.

A operación foi levada a cabo polo Equipo de Muller-Menor (EMUME), da Policía Xudicial da Garda Civil da Coruña baixo a dirección xudicial dos Xulgados de Betanzos e a Fiscalía.

ÚLTIMAS

A Coruña e Santiago aplican a taxa turística con oposición do sector hoteleiro

Os concellos de Santiago de Compostela e A Coruña comezarán a aplicar a nova recarga municipal sobre...

A Garda Civil detén en Oleiros a un home acusado de estafar a maiores co ‘timo da estampita’

A Garda Civil de Oleiros detivo un home acusado de estafar a persoas maiores...

“I know it could be safer to stay at home”. Crónica amarga do concerto dos Lemonheads

Levaba eu cosa dun mes preparándome para o concerto do xoves: machacando o vinilo...

O paseo da ría do Burgo entre Oleiros e Cambre quedará conectado en 2026

O Ministerio para a Transición Ecolóxica comunicou a contratación das obras de construción do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here