InicioOLEIROSO paseo da ría do Burgo entre Oleiros e Cambre quedará conectado...

O paseo da ría do Burgo entre Oleiros e Cambre quedará conectado en 2026

Publicada o

Por editor

O Ministerio para a Transición Ecolóxica comunicou a contratación das obras de construción do paseo da ría na zona do Seixo, para conectar así os paseos de Oleiros coa zona do Graxal, en Cambre.
A obra ten un custo de 1,8 millóns e un prazo de execución de 9 meses.

Mapa da Ría do Burgo cos paseos pendentes
Mapa da Ría do Burgo cos paseos pendentes

Último tramo pendente de 200m

Despois do traballo de varios anos, que deixa un paseo precioso dende a ponte da Pasaxe, mesmo dende o areal de Santa Cristina, ata o Paraugas, con posibilidade de voltar, tamén paseando ou en bici ata a Ponte Pasaxe pola beira de Culeredo, queda outro tramo de paseo na ría, este entre Beiramar e O Paraíso. Segundo afirma o Concello tamén será adxudicado antes de final de ano.
Neste punto son 200 metros, cos que se posibilitará circunvalar toda a ría a pé ou en bicicleta de Oleiros ata A Coruña, pasando por Cambre e Culleredo.

Esta obra é o resultado dunha ardua xestión política do Goberno de Oleiros, iniciada trala finalización das obras de dragado da ría. “Loitamos moito para que se acabase o paseo no Seixo e se conectase con Cambre e vai ser unha realidade inmediata. Non paramos en ningún momento, cortamos os accesos ao novo tramo, denunciamos publicamente a situación, fomos a Madrid,… e ao final aceptaron o que nós pedíamos”, comentou.

Con esta obra daráselle continuidade ás sendas e paseos costeiros creados e abertos polo Concello de Oleiros por todo o litoral existentes desde Lorbé ata Perillo. Proximamente tamén se verán incrementados co tramo do litoral de Dorneda entre Naval e Canide.

 

5M€ para humanizar e homoxeneizar o paseo da Ría do Burgo

ÚLTIMAS

A gran trampa da nova licitación das escoliñas municipais. “Imos recurrir”

Vive a Rede de Escolas Infantís Municipais un comezo de curso convulso. Ata o...

O reitor da UDC urxe financiamento á Xunta e alerta sobre o problema da vivenda para estudantes

O reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao, volveu reclamar á Xunta máis...

A veciñanza de Celas e Sueiro volve reclamar a petición histórica dunha beirarrúa ante as falsas promesas

Volveu a veciñanza de Culleredo saír á rúa por unha demanda histórica. Levan décadas...

Defensa do Común defende a anulación da venda da Casa Cornide ao Franco e denuncia “pasividade” municipal

Defensa do Común mostrou o seu respaldo á proposta para a revisión de oficio...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here