InicioMOV. SOCIAISA Plataforma A Coruña pola Paz nace cunha Marcha ata a Torre

A Plataforma A Coruña pola Paz nace cunha Marcha ata a Torre

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Onte o local da Asociación de Veciños Oza-Os Castro-Gaiteira acollía a presentación  da  “A Coruña pola paz”. O colectivo presentou o seu Manifesto fundacional, que xa foi asinado por 33 organizacións sociais, culturais, sindicais e veciñais da cidade.

A plataforma “aberta, diversa e comprometida que reúne colectivos e persoas que comparten unha mesma convicción”, quere “erguer a voz fronte á onda de violencia, guerras e inxustiza que ameaza o presente e o futuro da humanidade”.

No seu Manifesto, A Coruña pola Paz, denuncia o xenocidio do pobo palestino en Gaza, pero tamén a guerra de agresión en Ucraína e os máis de 50 conflitos armados activos no mundo. Rexeita a escalada belicista da campaña ReArmEurope e a expansión agresiva da OTAN; e condena o negocio armamentista e o recorte do gasto social en dereitos básicos.

Así mesmo, reivindica o diálogo, a diplomacia e a negociación como únicas ferramentas para a resolución de conflitos; reclama a sinatura inmediata do Tratado sobre a Prohibición das Armas Nucleares por parte do Estado español, e esixe que os fondos públicos se destinen á vida e non á morte.

Marcha pola Paz

Tamén a plataforma presentou a marcha pola Paz e Non Violencia activa, convocada para este este sábado 4 de outubro ás 19:00 h. A Marcha sairá dende a pomba de Picasso na praza Pontevedra e percorrerá o paseo ata a Torre de Hércules, conmemorando o día da paz e non violencia.

ÚLTIMAS

Centos de traballadores de transporte reclaman “un convenio digno” e rexeitan o acordo de CC.OO e UXT coa patronal

Centos de traballadores do transporte por estrada da provincia da Coruña manifestáronse este domingo...

UXT asina un convenio de eficacia limitada para transporte de viaxeiros na Coruña

O sindicato UXT asinou un convenio de eficacia limitada para o sector do transporte...

A Federación de ANPAS da Coruña alerta dun deterioro “alarmante” en 70 centros públicos e convoca unha manifestación na cidade

A Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña fixo público un informe...

28 nenos e nenas esperan novas familias acolledoras na Coruña

Fai campaña estes días a Cruz Vermella para espallar a necesidade do Programa de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here