InicioMOV. SOCIAISA Plataforma A Coruña pola Paz nace cunha Marcha ata a Torre

A Plataforma A Coruña pola Paz nace cunha Marcha ata a Torre

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Onte o local da Asociación de Veciños Oza-Os Castro-Gaiteira acollía a presentación  da  “A Coruña pola paz”. O colectivo presentou o seu Manifesto fundacional, que xa foi asinado por 33 organizacións sociais, culturais, sindicais e veciñais da cidade.

A plataforma “aberta, diversa e comprometida que reúne colectivos e persoas que comparten unha mesma convicción”, quere “erguer a voz fronte á onda de violencia, guerras e inxustiza que ameaza o presente e o futuro da humanidade”.

No seu Manifesto, A Coruña pola Paz, denuncia o xenocidio do pobo palestino en Gaza, pero tamén a guerra de agresión en Ucraína e os máis de 50 conflitos armados activos no mundo. Rexeita a escalada belicista da campaña ReArmEurope e a expansión agresiva da OTAN; e condena o negocio armamentista e o recorte do gasto social en dereitos básicos.

Así mesmo, reivindica o diálogo, a diplomacia e a negociación como únicas ferramentas para a resolución de conflitos; reclama a sinatura inmediata do Tratado sobre a Prohibición das Armas Nucleares por parte do Estado español, e esixe que os fondos públicos se destinen á vida e non á morte.

Marcha pola Paz

Tamén a plataforma presentou a marcha pola Paz e Non Violencia activa, convocada para este este sábado 4 de outubro ás 19:00 h. A Marcha sairá dende a pomba de Picasso na praza Pontevedra e percorrerá o paseo ata a Torre de Hércules, conmemorando o día da paz e non violencia.

ÚLTIMAS

E a paz social chegou a Riazor cun minuto máxico

Incrible o vivido no minuto 12 en Riazor este domingo no transcurso do partido...

A solución final

- (Apropósito) -  Ta ta ta ta ta ta yayayaya Echemos abajo la estacion del tren Echemos...

O Concello contratará un software para controlar as colonias felinas

O Concello da Coruña sacou a contratación un servizo de xestión das colonias felinas...

O Concello da Coruña saca a licitación a elaboración do Plan de Normalización Lingüística

O Concello sacou a licitación a asistencia técnica para elaborar o Plan de normalización...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here