A Coruña, cidade onde ninguén é forasteiro, en pleno século XXI. Onde aínda pasan cousas como as que denuncia estes días nas redes sociais a creadora de contido @Afropoderossa (con máis de 600.000 siareiros en IG e TK). Nada en Guinea Ecuatorial, criada entre Camerún, Gabón e España, Silvia Ayang leva anos afincada en Galicia. Por iso non atende a entender o que lle aconteceu esta pasada semana na Discoteca Pelícano.
A autora do libro España no es solo blanca denuncia ter sufrido “un acto racista” cando os porteiros non lles deixaron entrar e a ela e as suas dúas amigas, “as tres, tres chicas negras”. Primeiro argumentaron que estaba infrinxindo o código de vestimenta (un código que só fala de temas de chándales, bermudas, chanclas…); despois que se non eran “clientas habituais…” Pouco despois comprobaron que a outra parella de orixe magrebí tampouco lles deixaran entrar…
”O problema non era a nosa roupa, é o que hai debaixo, a nosa pel”, reflexiona nas redes, recoñecendo que o peor e o que lle parece máis difícil de explicar a Silvia é o que tardou en darse conta de que realmente era un caso claro de racismo, tendo a “sensación de que non podes contalo sen medo, que ninguén te vai crer ou que non vai servir de nada”.
Conversando con ela, relata que “nunca me ten pasado algo así, nin en Ribeira (onde reside) e iso que a min me gusta saír moito de festa”.
Por iso, denuncia con todas as letras este caso, lamentando que “en España, as vítimas de actos racistas seguimos desprotexidas”, ante o que se lanza á palestra porque “o racismo non se combate co silencio”. “Todo o mundo o sabe pero ninguén di nada. Por que seguides indo a ese lugar?”, pregúntase.
A denuncia xa está presentada ante a Policía Nacional. “Quizá no consiga nada pero polo menos haberá xente que o saia e deixe de ir. Sei que é unha empresa poderosa, pero eu tamén son moi poderosa. Voy chegar ata onde poida”, afirma rotunda.
View this post on Instagram
A versión do Grupo Pelícano
Ás preguntas do Xornal, unha das responsables do Grupo, asegura que, sen saber moi ben o que pasou realmente pois aínda non falou co xefe de seguridade, “por racismo non foi seguro, por iso non se corta a entrada nos locais, porque nos nosos locais sempre se pode ver que hai xentes de todas as razas”. Explican dende o Grupo herculino que “entre os 350 traballadores do Grupo todas as nacionalidades, polo que se o Grupo fose racista non contrataríamos a xente de fóra”.
Dende o seo da empresa, entenden que se trata dunha das múltiples circunstancias que acontecen cada fin de semana cando os membros de seguridade non deixan pasar a certas persoas “porque non cumpren as normas de acceso ao local, tanto polo código de vestimenta, como por faltas ao respecto ao chegar moi bebidos, ou por querer entrar cunha copa doutro local… Despois se non te deixan pasar porque eres mariquita xa é que somos uns homófobos”, aseguran dende a empresa quitando ferro ás denuncias públicas.
Yosi Ledesma: “O que hai é racismo puro. É algo de sobra coñecido”
Aproveitamos a situación para falar con Yosi Ledesma. Natural da República Dominicana e chegada á Coruña en 2006, é técnica integradora de ACCEM, e coñece moi ben a realidade da cidade. “O que pasou na Pelícano e en todos os seus locais é ampliamente coñecido por todo o mundo, onde colectivos como o LGTBIQ+, ou as persoas racializadas sempre saen perxudicadas”.
Relata ademais un caso particular. “Eu persoalmente tiven unha experiencia moi desagradale los locais Porto de Ocio. Ía cos meus amigos da Universidade que entraron primeiro. Eu rezagueime, e xa non me dixeron entrar argumentando que se trataba dunha festa privada. Aí me puxen a pesar, e se me poño a protestar, quen vai saír perxudicada? E ao final foi o que pasou…”, explica.
Porque sentiuse “dolemente vulnerable e triplemente vítima”, lamentando que “o grupo co que ía quedouse dentro… é moi duro ver que esas persoas, que eran as túas amigas son tan racistas como a xente do local…”
Por iso, o que máis critica é que “non haia ninguha penalización social por parte da xente da cidade. Xa sabemos a quen pertencen estes centros de xente con moito poder, que as denuncias sempre caen en saco roto, e como moito consegues unha media desculpa. Neste caso si que era unha persoa de fóra que non coñecía, pero estas cousas pasan ante a mirada da xente que está facendo cola, e lles dá igual. O que máis me chama é que todavía que todavía se sigan facendo cola nestes sitios…”
Reiteira que “estas cousas son algo que pasa habitualmente que estes locais, que son denunciados continuamente por estas prácticas. O que hai é racismo, e o peor é que non hai condena social”, lamenta.
O relato de Yosi é semellante ao de Carla, unha veciña da Coruña, traballadora do sector, á que tamén lle pasou unha situación semellante. “Eu frecuentaba a Pelicano ata o día que fun a un cumple, eu era a única española do grupo de 5, pois ía con dous árabes, unha peruana e un mexicano, e só me me deixaron entrar a min”, relata.
Explica que intentou mover a denuncia, contactando con varios medios de comunicación da cidade, con xentes nas redes, co Observatorio de discriminación de Casco, que ademais fai de avogada dun chico árabe ao que lle romperon tabique, ou con outro chico de Guinea que está á espera de xuízo tamén por levar unha malleira. “Pero parece que ninguén quere alzar a voz”, por iso decidiu contactar onte coa propia Ayang para intentar lanzar unha campaña de denuncia.
Máis novas