InicioBARRIOSSilvia Penide estrea no Galgo Azul o espectáculo do seu novo poemario

Silvia Penide estrea no Galgo Azul o espectáculo do seu novo poemario

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Silvia Penide estrea na Coruña o espectáculo completo inspirado no seu poemario “Mi ruído blanco”. Será o sábado 18 de outubro ás 6 da tarde no espazo cultural e librería do barrio do Agra do Orzán, O Galgo azul ás 18 horas. Cancións da traxectoria da cantautura de Arteixo xunto aos poemas seleccionados e a ambientación musical de Serxio Moreira, pianista de Silvia noutros proxectos. Unha tarde especial para deixarse levar pola sensibilidade desta creadora incansable que acaba de asinar xunto no día das escritoras contrato para a edición dun novo libro que pronto chegará ás librerías.

Un espectáculo para público de todas as idades nun espazo que logrou revitalizar a zona da praza das Conchiñas a nivel cultural. As entradas teñen un custo de 6 euros e poden adquirirse de forma anticipada en Entradium.com

Silvia Penide: “É brutal ver que ás veces estás acompañando, formando parte da vida da xente”

Editado pola editorial vasca “Eragin Edicións”, Mi ruído branco é unha viaxe por tres estados de ánimo moi diferentes que son inherentes ao ser humano: Clamores, Zumbidos e Susurros.

Os fans de Silvia en Compostela poderán gozar dun concerto seu o venres 24 de outubro en casa dás Crechas. Será unha actuación dobre xa que Gloria Pavía e Rafa Morais abrirán a velada para que suban a continuación ao escenario Paul Álvarez á guitarra e Slivia Penide á voz. A entrada custa 10 euros.

Sés quece o lanzamento do seu novo e honesto disco co sinxelo que lle dá nome: “Nadando na incerteza”

ÚLTIMAS

Ferido grave un traballador nun accidente laboral en Navantia Fene

Un traballador da empresa auxiliar Irluc, con sede central en Huelva, resultou ferido grave...

Elementos franquistas continúan na Coruña, denuncia a Comisión pola Memoria que pide a súa retirada inmediata

A Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica da Coruña denunciou o incumprimento das Leis...

A nai de Diego Bello sinala directamente aos asasinos do seu fillo “ameazado” en Filipinas

A nai de Diego Bello, Pilar Lafuente, testificou nesta xornada no xuízo que se...

O TSXG pecha o caso da Casa Carniceiro: o alcalde de Oleiros queda definitivamente absolto

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a absolución do alcalde de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here