InicioA CORUÑAA CoruñArt afondará en San Agustín na profesionalización do oficio literario, a...

A CoruñArt afondará en San Agustín na profesionalización do oficio literario, a música e a ilustración

Publicada o

Por editor

Queda menos para a I Feira das Industrias Culturáis e Creativas na Coruña. A CoruñArt, que se celebra o vindeiro 8 de novembro no mercado de San Agustín, vén de presentar o primeiro avance da programación exclusiva para profesionais, coa confirmación de catro mesas centradas en tres sectores: a literatura, a música e as artes gráficas e ilustración.

A primeira das mesas confirmadas leva por título “Profesionalizar a literatura: é posible vivir de escribir?”, unha charla centrada en iluminar o oficio da escrita dende unha perspectiva seria e realista, dando resposta a unha pregunta clara: Nunha industria na que as novidades literarias teñen unha vida curtísima e a venda de libros reporta unha porcentaxe de ingresos moi pequena aos autores, preguntámonos, é posible vivir da literatura? Como?

A mesa estará moderada polo escritor e xornalista Pablo Rañales (Premio Illa Nova 2023), e estará protagonizada por dúas mulleres que veñen de ver consolidadas as súas figuras profesionais como escritoras con sendos premios literarios: Abril Camino, Premio Xerais 2025, e Antía Yáñez, Premio Raíña Lupa 2025.

A segunda das ponencias confirmadas, “O mercado musical en Galicia, oportunidades para novas propostas artísticas”, pon o foco no sector musical galego. É posible triunfar no mercado da música cunha proposta nova? Goza a música en Galicia de boa saude? Esta mesa pretende ser unha análise en profundidade da man de persoas con anos de experiencia no sector: Patricia Hermida, presidenta de AGEM e CEO de DotBeat!, Josiño Carballo, director de Ernie Records, e a moderación de Noel Turbulencias, divulgador musical e autor do libro Galicia MusiCalidade.

O sector das artes gráficas contará tamén cunha mesa específica, “Ilustrar un futuro profesional”, na que dúas das figuras da ilustración máis consagradas debatirán cos asistentes a realidade dun sector que ten unha diversificación cada vez maior. Santy Gutierrez e Irene Sanjuan, ilustradores con traxectorias longas e afianzadas, contarán coa compaña de Miriam García, profesional emerxente do sector.

A última das mesas confirmadas “Autopublicación, coedición e editorial tradicional: atopar a fórmula perfecta para o meu maniscrito”, busca servir de guia para os novos autores e autoras da literatura en Galicia, que buscan ser publicados e non teñen claro cal é a fórmula máis axeitada para o seu proxecto, o cal é a maneira de chegar a facer realidade un manuscrito. Sobre a autopublicación, a coedición e a edición tradicional debatirán Laura Rodríguez, editora jefe de Hércules de Ediciones, Iago Fandiño, editor jefe de Calacán e escritor, e Rober Cagiao, escritor con obra autopublicada e obra publicada en editorial tradicional

 

Estas catro primeiras citas súmanse ao pregón de Lúa Mosquetera, nesta cita pensada para profesionais, que poden adquirir xa a súa acreditación através de Ataquilla, como en citas abertas ao público xeral, que poderá disfrutar tamén de actividades culturáis, así como do acceso ao Mercado Cultural, conformado por postos de empresas, entidades e artistas do sector cultural que ofertarán os seus productos ao público xeral.

ÚLTIMAS

Adxudicadas as obras de mellora do parque de Santa Margarida

Ademais da concesión da licenza da nova ITV no Polígono de Vío, e a...

As 2,4 toneladas que un buque militar francés desembarcou na Coruña tiñan como destino España

A droga incautada nun operativo conxunto con Francia e que foi trasladada nun buque militar...

De mascota a “perrhijo”: A Coruña, a cidade con máis cans que nenos

Xa hai tempo que a curva dos cans superou ao de nenos na cidade...

Unha marcha fúnebre de Samaín en Oleiros polo ensino público

Non decae a loita contra os recortes de profesionaro das ANPAS dos colexios de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here