InicioMOV. SOCIAISUnha marcha fúnebre de Samaín en Oleiros polo ensino público

Unha marcha fúnebre de Samaín en Oleiros polo ensino público

Publicada o

Por editor

Non decae a loita contra os recortes de profesionaro das ANPAS dos colexios de Oleiros. Neste caso, ANPA Valle Inclán, despois de concentracións, manifestacións e mesmo levar as demandas ao Parlamento Galego, convoca a toda a comunidade educativa e á veciñanza a participar este domingo 26 de outubro ás 12:00 h na Marcha fúnebre polo ensino público.

Faino, aproveitando as datas do Samaín, coa intención de simbolizar o fin do ensino público de calidade, e para denunciar a inacción da Xunta ante a manifesta falta de mestres que sobre o seu centro educativo, o que provoca un déficit da calidade do ensino.

A comitiva, apoiada polo Concello e á que tamén se unirán ANPAs doutros centros, sairá da fonte do Parque Nelson Mandela, pasará pola Rúa Areal e rematará na Rotonda do Sol y Mar, cunha sentada pacífica na N-VI.

Invitan a participar caracterizados, os adultos veñan vestidos de loito e, para darlle máis visibilidade e diversión, e a cativada disfrazada coa temática do Samaín: zombies, pantasmas, esqueletos…

”Non estamos a defender só un colexio, estamos a loitar polo futuro dos nosos nenos e nenas, que merecen unha educación de calidade”, sinalan abrindo as portas a toda a cidadanía.

Máis novas

Semana completa de mobilizacións, con visita ao Parlamento, das familias dos coles de Oleiros e Carral para conseguir máis docentes

Máis de 300 persoas secundan cunha marcha a denuncia polos recortes nos CEIPs de Oleiros

 

Outras novas das ANPAS

ÚLTIMAS

Aberto á cidadanía o parque do Observatorio na Coruña, un “anaquiño” do necesario Parque da Agra

O barrio do Agra do Orzán suma un novo, pero insuficiente espazo verde. O...

O Monte Xalo: Unha mesa redonda e roteiro arredor do Olimpo Ártabro 

Interesante conversa arredor da auga, o patrimonio e a paisaxe a que se viviu...

Nove de cada dez titulados da UDC atopan emprego no primeiro ano

Nove de cada dez persoas egresadas na Universidade da Coruña (UDC) que se incorporan...

A Casa Casares Quiroga acolle a presentación dun libro sobre o galego que sobreviviu a Mauthausen

A Casa Museo Casares Quiroga da Coruña acolle hoxe martes, ás 18.30 horas, a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here