As obras de remodelación da avenida Alfonso Molina, na cidade da Coruña, provocarán cortes de tráfico as dúas próximas semanas.
Segundo informa o Ministerio de Transportes, procederase ao corte da ligazón de conexión entre as estradas AC-10 (avenida San Cristóbal) e a AC-11 (avenida Alfonso Molina) do 28 de outubro, martes, ao día 30, xoves, entre as 10,00 e as 13,00 horas. Entre as mesmas horas será o corte do 4 de novembro, martes, ao 7 de novembro, venres.
Ofrece itinerarios alternativos. Circulación a través da AC-14, DP-0512 e avenida García Sabell ata a incorporación á AC-11. Circulación a través da avenida Glasgow, avenida de Universidade e avenida García Sabell ata a incorporación á AC-11. Circulación a través da Avda. San Cristóbal con cambio de sentido na glorieta de conexión coa AC-10 e xiro na ligazón AC-11/AC-10 ata a incorporación á AC-11.
Transportes avanza así nas obras de remodelación da avenida Alfonso Molina cun orzamento de máis de 18 millóns. O principal obxectivo é a mellora da seguridade viaria e fomentar a mobilidade peonil e ciclista.

