InicioMOV. SOCIAISAs familias de Oleiros simbolizaron cunha marcha fúnebre o enterro do ensino...

As familias de Oleiros simbolizaron cunha marcha fúnebre o enterro do ensino público de calidade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

“Hoxe vestimos de negro simbolizando a dor e o desamparo que sufrimos, pero seguiremos loitando pola defensa e a mellora do ensino público, inclusivo e de calidade”.

Así de rotundas estiveron as familias da ANPA Valle Inclán na Marcha Fúnebre (moi acaída na semana previa ao Samaín) que convocaron este pasado sábado para simbolizar “o pasamento do ensino público de calidade”. “Neste centro faltan mestres!!” berraron unidas centos de familias ante a inacción da Xunta, que segue contabilizando cada neno como un número, e que só atende a ratios e excusas.

Foi un éxito de asistencia, con numerosas familias, veciñanza, docentes, equipos directivos dos CEIP, representantes das ANPAs do colexios Luis Seoane, Rabadeira, Juana de Vega, dos institutos Neira Vilas e Miraflores, representantes da Federación de ANPAs, representantes de Alternativa dos Veciños, do BNG e do PSOE, e do Concello de Oleiros.

Marcha funebre polo ensino publico en Oleiros 2

As familias leron un manifesto no que lembraron que levan denunciando dende o inicio de curso “a grave falta de profesorado que ameaza o correcto funcionamento do centro e provoca un déficit na calidade da formación que reciben os nosos fillos e fillas actualmente”.
“No noso colexio as gardas non están cubertas cun número suficiente de docentes, comprometendo a atención, vixilancia e seguridade das nosas crianzas. O tempo adicado ó reforzo nas aulas do alumnado con necesidades especiais de atención educa va reduciuse notablemente para cada alumno. Diminuíu o tempo destinado á coordinación dos equipos de dinamización da Biblioteca e da lingua galega ou de mellora da contorna”.

Unha situación que provoca que “a día de hoxe están paralizados varios proxectos pedagóxicos emblemáticos, como a horta escolar, as saídas didácticas ou a sección bilingüe, que grazas á implicación do profesorado e á enorme colaboración do Concello de Oleiros levan moitos anos en marcha no noso colexio e promoven un ensino integral para a ca vada”.

Recodaron que levan enviando “varios escritos á Xunta de Galicia, sen resposta ata o día de hoxe”, e critican que “a Inspección Educa va recibiunos pero non aportou ningunha solución para resolver as carencias, recoñecendo que a falta de profesorado nos centros públicos é
un problema xeneralizado, debido a decisións polí cas, con absoluta indiferenza”. De feito, Inspección pasoulle a bola ao Director Territorial da Consellería, que directamente non acepta reunirse coa ANPA.

Ante esta situación decidirion manter concentracións todo os luns, así como a combativa “Andaina polo ensino público de calidade”,  que tivo gran repercusión a pesar do silencio provocado pola Xunta nalgúns medios.

Durante o manifesto, as familias da ANPA debullaron tamén a decepción vivida na visita ao Parlamento Galego. “Os deputados do PP negáronse a falar con nós, sabían que estabamos presentes no hemiciclo e non nos dirixiron nin a mirada… Novamente, absoluta indiferenza.
Seguimos constatando que para a Consellería os nosos fillos e fillas son unicamente números”.

Máis novas

 

Outras novas das ANPAS

ÚLTIMAS

Repsol completará o seu traslado ao porto exterior en 2027, con liberalización dos peiraos coruñeses

Repsol e a Autoridade Portuaria da Coruña asinaron un acordo para completar o traslado...

Nova xornada de folga no bus da Coruña con respaldo “maioritario” que deixa por centos de viaxeiros en terra

Unha nova xornada de folga afecta este venres ao transporte de viaxeiros interurbano por...

O voceiro do PP na Coruña reafírmase no “acoso” a funcionarios: “A alcaldesa debe pedir perdón”

O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, ratificouse...

Xoel López, a principal figura do Belén da Coruña

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou esta tarde no acto de apertura do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here