InicioBARRIOSUnha nova lectura colectiva do Ollo de Vidro de Castelao

Unha nova lectura colectiva do Ollo de Vidro de Castelao

Publicada o

Por Redacción

Un ano máis, a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, coa axuda da Deputación da Coruña, coordina asociacións de todo o país para facer unha lectura colectiva da peza Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, escrita por Castelao.

Na cidade da Coruña será este venres, 31 de outubro, ás 19:30 h no auditorio do Centro Ágora, como parte do programa Agra no Ágora. Participamos as asociacións da contorna: AC Alexandre Bóveda, AC O Facho, AC Tempo Novo, AC Roxín Roxal e a nosa asociación.

A actividade consistirá na lectura desta obra de Castelao como xeito de reivindicala no contexto actual pois esta pequena peza dramática representa unha pequena Galiza e amósanos a sociedade na que vivía Castelao (que ben pode ser na que vivimos nós) mirada por un esqueleto.

Eis un anaquiño do texto:

“Quixen saber quen fora o vampiro no mundo dos homes e fun ler o seu nome de bronce no rico mármore da campa. O nome só abondoume: fora un canalla que roubaba pra dar regalía ô seu bandullo de porco; dono da xusticia, roubaba dend’a súa confortábel casa. Pra que decir máis? Era… era un cacique!
(…) e fun pensando pra os meus adentros:
“Vampiros hainos; pois logo, polo si ou polo non, debían queimarse a tódolos caciques. Os caciques son capaces de facérense os mortos pra seguir vivindo a conta dos malpocados”.

Como todas as actividades do programa “Agra no Ágora” este festival é de acceso libre, de balde e non se precisa reserva previa); o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Logo da lectura haberá un magosto como convivio e celebración colectiva na pista de chave que nos cede a asociación Os Mariñeiros (rúa Cangas de Morrazo 18).

O xoves, encontro con María do Carme Kruckenberg

María do Carme Kruckenberg na Agra

Antes, xa este xoves, 30 de outubro, ás 20:00 h da tarde, o club de lectura da Asociación Gosto de vivir a poesía, convídanos ao recital dedicado á María do Carme Kruckenberg.

Beatriz Maceda, en representación da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, fará unha breve introdución á obra desta autora, e faremos a lectura pública da escolma que traballamos ao longo do mes.

A entrada é libre e gratuíta ata encher a capacidade do local veciñal.

ÚLTIMAS

Lanzan unha campaña solidaria para crear a Fundación Daniela Vieito e apoiar a vítimas de abuso e malos tratos

Ponse en marcha dende A Coruña unha campaña de micromecenazgo para a creación da...

Manuel Casal Lodeiro presenta en Berbiriana o seu último e crítico libro sobre a transición enerxética

Este xoves, 30 de outubro ás 19:00 horas, Manuel Casal Lodeiro, o coordinador do...

Un camión de Estrella Galicia perde parte da súa carga en Sabón

Un camión de Estrella Galicia perdeu este luns parte da carga que transportaba cando...

1 millón de euros para a Universidade Laboral como Centro de Excelencia de FP

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes de España vén de recoñecer o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here