InicioMOV. SOCIAISAs comunidades escolares percorreron Elviña e Monelos nunha multitudinaria manifestación por un...

As comunidades escolares percorreron Elviña e Monelos nunha multitudinaria manifestación por un ensino público de calidade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Despois da primeira noite de peche, o profesorado en folga (convocada polos sindicatos CIG e STEG) protagonizou unha mañá de loita por un ensino público digno cunha manifestación multitudinaria polo barrio de Elviña e Monelos.

A primeira reflexión ao espertar foi destacar que o propio peche é un acto reivindicativo, que viña sen facerse dende 2013, cando o profesorado se pechou en contra da LOMCE, o que dá idea da dimensión da situación actual, na que os sindicatos volven convocar folgas e peches para pedir á Consellería se sente a negociar as demandas de toda a comunidade educativa ante un servizo público que esmorece ante os recortes da Consellería.

Con esa idea erguéronse e sacaron as pancartas para darlle visibilidade ao peche e á folga na entrada do alumnado do IES de Elviña e no CEIP Alborada, invitando a todo o profesorado a que se unise á manifestación. Despois dun pequeno almorzo, ás 11:00h, concentráronse de novo para arrincar unha masiva manifestación que contou co apoio de numerosas familias.

”As familias xa levan moitos tempo sufrindo os recortes no ensino público, peor aínda que o sufrimos o profesorado”, recoñece Diviña Núñez, de CIG-Ensino. “En boa parte porque o eslabon máis débil é a atención á diversidade, e aí familias están moi sensibilizadas pero tamén moi apoiadas polas ANPAs e moi mobilizadas”, sinalou agradecendo o apoio nesta xornada. “Xa nos veñen trasladando ano tras ano, sobre todo ao comezo e ao final do curso os recortes continuos, cos que calidade do ensino se ve mermada dunha forma drástica”.

Manifestacion Ensino Elvina Coruna 3

Se ben aínda non puideron facer contabilidade do seguemento á folga (a Xunta cuantificou nun 30%), si que valoraron moi positivamente o apoio tanto na manifestación de onte en Santiago como na de hoxe na Coruña, onde acodiron un gran número de profesorado, familias, ANPAS e tamén alumnado de toda a provincia.
De feito, o Sindicato de Estudantes amosou o seu apoio total á folga do profesorado criticando os “recortes e a privatización do PP” lembrando tamén a loita contra o acoso escolar. Van máis alá e alentan unha folga xeral de toda a comunidade educativa, non sen criticar o “acordo da vergoña que CCOO, UGT e ANPE coa Consellería”.

A marcha percorrou o barrio de Elviña entre o CEIP Alborada e a sede da Delegación Territorial da Consellaría de Educación, onde lanzaron berros por unha Folga Xeral, ademais de arengas como “Ensino Público e de calidade”, “Non aos recortes en educación”, “A Xunta de Galiza, recorta e privatiza”, “O Ensino na rúa, a loita continúa”; “O ensino é un dereito e non un privilexio”.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

A encargada de ler o manifesto final por parte da CIG-Ensino, Xela Armas, recalcou que “o profesorado galego está facendo historia con esta loita iniciada a comezos de curso despois de 15 anos de recortes nos que todas as enerxías e a responsabilidade profesional se volcaron en atender o alumnado. O profesorado galego non abandonou a loita nin o pulso á Consellaría en todo este tempo e esa forza é a que a obriga a ceder de cando en vez en cuestións que rexeitaba de facto nun primeiro momento. O camiño andado, sobre todo nestes apenas dous meses de curso, tennos que levar a sentirnos moi satisfeitos e satisfeitas”.

20251029 manifestacion a coruña (1) 20251029 manifestacion a coruña (1) 20251029 manifestacion a coruña (1)

Manifestacion Ensino Elvina Coruna 3

Manifestacion Ensino Elvina Coruna 3

Peticións dos sindicatos convocantes

  • Baixada de ratios no inicio de todas as etapas educativas a partir do vindeiro curso 26/27.
  • Recuperación do horario lectivo recortado en 2011 (21 horas en primaria e infantil) e en 2012 (18 horas no resto de ensinanzas) tamén a partir do vindeiro curso e fin da discriminación horaria nos CIFP e centros de ensinanzas artísticas. “Galiza é a única comunidade de todo o Estado que permanece coas 20 horas en secundaria e outras ensinanzas”, lembran.
  • Medidas concretas que garantan unha correcta atención á diversidade (criterios para a dotación de persoal especialista de PT e AL, incremento do número de orientadores/as nos centros, cómputo como dobre ou triplo do alumnado con necesidades en todas as etapas, autorización de desdobres, PDCs e FP básica en todo o territorio…)
  • Un plan real de eliminación de burocracia que leve aparellado, entre outras medidas, un incremento da dedicación horaria para equipos directivos, coordinacións e titorías.
  • Melloras retributivas: incremento retributivo lineal para todo o profesorado no complemento autonómico que permita recuperar o poder adquisitivo perdido, recuperación do cobro do verán para o persoal substituto que traballe 5 meses e medio e equiparación salarial do PESSFP co resto de profesorado de FP.
  • Redución da xornada laboral a partir dos 55 anos e recuperación das licenzas por formación retribuídas.

Máis novas

O CEIP Alborada acolle o peche pola folga no ensino

Máis novas do ensino

 

Outras novas das ANPAS

ÚLTIMAS

Un mozo cae ao mar xunto á Torre de Hércules e é rescatado con síntomas de hipotermia

Un amplo dispositivo de emerxencia mobilizouse este sábado nas proximidades da Torre de Hércules,...

Indignación nas familias do CEIP Cidade Vella tras escoitar en directo “as mentiras” da Xunta

Levaban onte á Comisión 4ª de Educación e Cultural do Parlamento Galego o BNG...

A Audiencia da Coruña xulgará unha muller acusada de retirar máis de 75.000 euros da conta do seu pai con deterioración cognitiva

A Audiencia Provincial da Coruña ten previsto celebrar este mércores o xuízo contra unha...

A Coruña rescata o seu pasado colonialista enviando unha mensaxe reflexiva contra os racismos

Enchíase esta pasada semana a cidade de curiosos carteis co lema #ACoruñaPortoNegreiro. Xa imos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here