InicioCAMBREO persoal do Concello de Cambre sae de novo á rúa ante...

O persoal do Concello de Cambre sae de novo á rúa ante a inacción municipal para solventar a súa precariedade

Publicada o

Por Redacción

Nova concentración vivida esta mañá ás portas do Concello de Cambre, convocada pola Xunta de Persoal xusto antes do comezo do pleno, secundada pola meirande parte dos traballadores municipais. Uns traballadores que xa están cansos da falta de solucións ante a súa situación de precariedade, empeorada pola rutura unitaleral da negociación por parte da nova rexedora, a popular Diana Piñeiro.

O persoal manifestábase de negro, e en silencio (simulando o enterro dos seus deiretos realizado en marzo) detrás dunha pancarta clara: “Por un traballo digno”, e con pequenos carteis que piden “soldos dignos”, “carreira profesional XA” ou “RPT Xa”, en relación á necesaria renovación da Relación de Postos de Traballo.

Con todo, a pesar da concentración, no pleno apenas se falou do asunto nun par de ocasións “pero os grupos estiveron ocupados en tirarse os trastos a cabeza mutuamente”, lamentan os traballadores, que volven sentirse como “o último problema en solucionarse” ante as novas polémicas con asociacións e empresas da zona.

Peticións

A representación da CIG, que conseguíu ao longo da semana o apoio dos grupos da oposición, critica que a alcaldesa volveu insistir en que “non se atenderían as reclamacións sociais no caso de proseguir as concentracións”. Neste senso, a representación da CIG apunta que, se ben é certo que se están a dar algúns pasos no camiño de atender as reivindicacións, nomeadamente no relativo ás nóminas e outros pagos pendentes, “trátase de actos de trámite que de momento non están chegando a resolverse e convertese en feitos”.

En canto á reclamación do dereito á carreira administrativa, indican que a proposta da Xunta de Persoal entregada en xullo ao Goberno segue pendente de informe. “Acaban de emitir unha providencia para que sexa informada polo xefe de Urbanismo e Réxime Interior, un primeiro paso que chega tarde e tampouco garante a súa posterior tramitación”. Neste contexto, e como mostra de boa vontade por parte das persoas traballadoras decidiuse suspender a concentración prevista para o 23 de outubro.

A maiores, nestas últimas dúas semanas fíxose público o malestar das asociacións veciñais, culturais e deportivas coa situación de abandono por parte do Concello e tamén a ANPA do CEIP do Graxal está preparando mobilizacións.

Ante esta terrible “as persoas traballadoras seguimos sen ver melloras. Seguimos sen ter unha clara proposta para o reforzo do departamento de persoal e para a cobertura de todas as vacantes en todos os departamentos. Tampouco temos propostas relativas á nosa petición dun plan ou programa de emprego para poñer ao día a situación do persoal do Concello, e aínda que se deu algún paso, de momento está lonxe a resolución deses procedementos”.

Máis novas

Os traballadores municipais de Cambre volveron saír á rúa ante a paralización das negociacións coa nova alcaldesa

 

Os traballadores municipais de Cambre ofician o enterro dos seus dereitos

ÚLTIMAS

UGT, CCOO e CSIF piden melloras salariais para os funcionarios dos servizos públicos

UGT Servizos Públicos, a área Pública de CCOO e CSIF convocaron concentracións hoxe 30...

O FIGA fará unha chamada á diversidade e á inclusión no sector audiovisual

Despois do primeiro avance lanzado a semana pasada, esta mañá de xoves 30 de...

A Comunidade Saharauí en Galicia concéntrase hoxe na Coruña conta o Plan de Autonomía de Trump

Esta tarde de xoves 30 de outubro, ás 19.30h, a Comunidade Saharauí en Galicia...

O comercio local revive por “Samaween”. Guía do truco-trato polos barrios da cidade

Este venres é 31 de outubro, noite de Samaín, Halloween ou mesmo “Samaween”, como...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here