InicioCULTURAO Torre 67 Fest puxo en valor o traballo da Escola de...

O Torre 67 Fest puxo en valor o traballo da Escola de Música Municipal

Publicada o

Por Redacción

O Centro Sociocultural Ágora acolleu esta fin de semana a segunda edición do concurso Torre 67 Fest, unha iniciativa organizada pola Escola Municipal de Música (EMM) que busca visibilizar a área de música moderna e, de paso, achegar á cidadanía o traballo e talento do alumnado da EMM.

O alumnado demostrou o seu compromiso, talento e traballo, que foron ensaiando ao longo das pasadas semanas en exhibicións na propia Escola.

Escola de Musica Municipal
Unha das exhibicións na Escola de Musica Municipal

Un total de dez agrupacións participaron neste concurso. Rey, ademais, anunciou que o evento se integrará na programación de actividades culturais nos escenarios da cidade.
Jazzy Tower foi a formación gañadora, obtendo o dereito a representar á área de música moderna na Gala da EMM, un concerto que se celebrará no Teatro Colón o 8 de maio. Os combos participantes nesta xornada foron: ‘O bigote de Dalí’, ‘O camiño de Hércules’, ‘Starband’, ‘Red Shoes’, ‘Black Shadow’, ‘Jazzy Tower’, ‘Voltavia’, ‘El combo de Manuela’, ‘Las Cookies’ e ‘Combo Number Five’.

Ademais de El Combo de Manuela, tamén foron premiados Voltavia como segundo clasificado e Combo Number Five como terceiro. O premio do público foi para El Combo de Manuela.

ÚLTIMAS

Só ás couzas quedan na Casa Cornide

Non queda nada na Casa Cornide. O edificio, aínda propiedade dos Franco, pero en...

Ferroglobe presenta un ERTE para todo o seu persoal de 113 traballadores en Arteixo ata final de 2027

Ferroglobe, única produtora de silicio en España, presentou un Expediente de Regulación Temporal de...

A licitación o servizo de axuda a domicilio do Concello da Coruña por 25 millóns de euros

A xunta de goberno local da Coruña deu luz verde á saída a licitación...

Traballadoras de Concentrix mobilizadas contra o ERE esixen alternativas á “destrución de emprego”

Traballadoras de Concentrix volvéronse a mobilizar este mércores contra un posible ERE na empresa...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here