InicioCULLEREDOAs familias de Celas critican a falta de concreción da súa senda...

As familias de Celas critican a falta de concreción da súa senda peonil

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Despois da marcha reivindicativa desenvolta no mes de setembro, a veciñanza de Celas de Peiro (Culleredo) continúa o seu periplo burocrático para conseguir unhas simples beirarrúas (ou unha senda peonil) que lle sirvan para transitar a pé polo lugar a través da perigosa AC-400.

E van acadando pasos para conseguir o compromiso político que se materialice en cemento, pero lamentan “a ausencia de partidas económicas para este tema nos orzamentos da Xunta de Galicia de 2026”.

Así e todo, conseguiron, ademais do singular paso de vaca para cruzar a rúa na escola infantil da Vinxeira, unha declaración Institucional por parte dos grupos municipais.

Porén, seguen sen ter una resposta oficial por parte da AXI, pese a que, dende maio, enviaron dous escritos solicitando unha resposta sobre a súa petición, apoiada con case catrocentas sinaturas. “Xa desesperados, puxémonos en contacto ca Valedora do Pobo para expoñerlle a situación de perigo constante que vivimos os viandantes nesta estrada cada día, xa que discorre por entre as nosas casas sin beiravía nin sitio de paso a pé algún”, explican.

A Valedora informou ás familias que a primeira resposta da AXI á súa demanda foi que “están estudando incluir a estrada na segunda fase do Plan de Sendas”, polo que se elaboraría un proxecto técnico “a curto prazo”, que despois pasaría a exposición pública.

Dende a veciñanza vén esta resposta con algo de distancia, pois “non aporta información: non se fala de certezas nin de prazos”. “Todo isto tennos desesperadas”, recoñecen as familias máis mobilizadas.

Novas de Celas

A andaina reivindicativa da veciñanza de Celas: “Beirarrúas, e non excusas”

A veciñanza de Celas esixe unha simple beirarrúa para poder saír andando das casas

ÚLTIMAS

Sara Merso, a herculina de Cariño estrea hoxe no Garufa o seu primeiro disco en solitario

Leva 17 anos exercendo o xornalismo na Opinión, asinando como Sara Vázquez Lorenzo, e...

A AC Alexandre Bóveda e CUAC FM comparten aniversarios

Son dúas entidades máis importantes e máis vivas da cidade, que ademais celebran neste...

A Coruña pecha parques, xardíns e praias pola alerta meteorolóxica

O Concello da Coruña pechou este xoves e tamén o fará o venres parques,...

“Non queremos a Manuel Fraga como Fillo Adoptivo da cidade nin da provincia”

O Pleno da Deputación da Coruña distinguía a Manuel Fraga Iribarne como Fillo Adoptivo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here