InicioCULLEREDOA veciñanza de Celas esixe unha simple beirarrúa para poder saír andando...

A veciñanza de Celas esixe unha simple beirarrúa para poder saír andando das casas

Publicada o

Por editor

Cansada está a veciñanza de Celas, en Culleredo, por ter que xogarse a vida cada vez que saen de casa andando. Porque a AC-400, que atravesa os núcleos de poboación das parroquias de Sésamo e Celas, aínda que pareza mentira, aínda carece dunha zona de paso a pé, privando ós veciños e veciñas de poder desprazarnos diariamente con seguridade.

Levan tempo protestando e xa fai un tempo, e tras ver que as peticións individuais non tiñan efecto, decidiron facer unha recollida de sinaturas nos comercios, centros sociais e locais de Celas para poder presentar unha solicitude formal conxunta na Axencia Galega de Infraestruturas, a titular da estrada, na que solicitaban a construción dunha beirarrúa, ou senda peonil, na estrada.

estradas de Celas-Culleredo sen beirarrua

”Recollemos case 400 sinaturas (377 en total), un número que representa unha porcentaxe elevada respecto ó número de veciños e veciñas da parroquia”, explícanos Xiana Vázquez Formoso, veciña da parroquia. Esta mesma semana presentaron as sinaturas no Rexistro do edificio administrativo de Monelos á atención do servizo provincial da Coruña da AXI.

Por agora, “Concello e AXI pasan a responsabilidade duns a outros e, a día de hoxe, seguimos esperando”, lamenta Vázquez, que pon de exemplo outros concellos como o de Cerceda que xestionou a titularidade dos tramos desta mesma estrada para facer as beirarrúa.

ÚLTIMAS

Evacuada ao CHUAC unha pasaxeira de 61 anos do cruceiro Britannia tras sufrir un accidente en alta mar

Unha pasaxeira de 61 anos que viaxaba a bordo do cruceiro Britannia foi evacuada...

Acusan ao Estado e á Xunta de colaborar cos Franco no novo expolio de mobiliario do Pazo de Meirás

O litixio cos Franco sobre os bens mobles do Pazo de Meirás (do que...

Once persoas feridas nun incendio nun edificio da Coruña que puido orixinarse nun patinete eléctrico

Un total de 11 persoas resultaron feridas nun incendio rexistrado durante a madrugada deste...

Presentan 5.800 sinaturas contra a urbanización do Parque da Agra

Non para a veciñanza da Agra do Orzán ante o novo atentado urbanístico que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here