InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA Agrupación Ío organiza unha charla sobre a protección do medio espacial

A Agrupación Ío organiza unha charla sobre a protección do medio espacial

Publicada o

Por Redacción

O Planetario da Casa das Ciencias da Coruña acolle este martes 4 de novembro ás 19:30h unha charla singular. No marco do “Encontro da Noite”, xornada divulgativa sobre contaminación luminosa, protección da noite e posta en valor da paisaxe nocturna que conta co apoio do Concello da Coruña a través dos Museos Científicos Coruñeses, a Agrupación Ío promove unha conferencia sobre a protección do medio espacial.

A charla, que será impartida en inglés, correrá a cargo do astrónomo e divulgador estadounidense John C. Barentine. Baixo o título “A protección do espazo” porá o foco no Center for Space Environmentalism, un organismo que naceu este mesmo ano co obxectivo de protexer o medio espacial contra as diversas ameazas presentes e futuras: superpoboación de obxectos en órbita, lixo espacial, impacto ambiental da astronáutica, usos comerciais do espacio e límites éticos á exploración doutros mundos.

John C. Barentine é doutor en astronomía pola Universidade de Texas e traballou como astrónomo en diversos observatorios así como na International Dark-Sky Association. É director executivo e consultor principal de Dark Sky Consulting, LLC., entidade que asesora nas áreas de contaminación luminosa, calidade do ceo e astronomía. Escribiu os libros “The Lost Constellations” e “Uncharted Constellations”, sobre as constelacións que poboaron os atlas do pasado mais non se manteñen na clasificación actual.

ÚLTIMAS

O comité de Jevaso convoca unha concentración para esixir o pago dos atrasos salariais e a actualización das nóminas

O comité de empresa de Jevaso anunciou a convocatoria dunha primeira concentración de protesta...

Xulgan na Coruña unha muller acusada de violar un domicilio e roubar obxectos nun vehículo familiar

A Audiencia Provincial da Coruña acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro...

Tiruleque rende homenaxe á Repichoca no seu novo disco e no concerto no Colón

Tiruleque saca á venda o que será o seu quinto disco de estudio. Tras...

A Garda Civil desartella unha rede con ramificacións na Coruña dedicada á venda ilegal de medicamentos por Internet

A Garda Civil detivo 22 persoas no marco da operación ‘Grecofar’, un dispositivo que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here