InicioSOCIEDADEA Plataforma polo Dereito á Vivenda planta cara ás vivendas turísticas ilegais...

A Plataforma polo Dereito á Vivenda planta cara ás vivendas turísticas ilegais na Coruña

Publicada o

Por europapress

A Plataforma polo Dereito á Vivenda lanzou unha campaña en redes sociais para denunciar as vivendas turísticas ilegais no Concello da Coruña. Nunha nota de prensa, a entidade explicou que quere acabar con este tipo de vivendas porque considera que “dificultan o acceso á vivenda” e as administracións “deben pór límite”. Segundo a plataforma, as vivendas turísticas son “actividades hostaleiras que debería tributar como o que son e ademais cumprir a lei, algo que non ocorre coa inmensa maioría deste tipo de negocios”.

Para poder localizar as vivendas ilegais, a Plataforma fixo un vídeo explicativo onde expoñen como localizalas e un modelo de denuncia para presentar no rexistro municipal do Concello da Coruña e tamén un texto no que detallan os pasos a seguir.

Ademais da campaña, a Plataforma polo Dereito á Vivenda convocou unha denuncia colectiva o vindeiro mércores 19 de novembro ás 10.00 horas no rexistro municipal de María Pita, onde presentarán varias denuncias de vivendas turísticas que, segundo a Plataforma, non cumpren a normativa municipal. “Do mesmo xeito que calquera negocio precisa dunha licenza para poder exercelo, as vivendas turísticas deben cumprir coa normativa e, se non a cumpren, non poderán exercer a actividade”, reivindicou a Plataforma.

ÚLTIMAS

A Valedora do Pobo pídelle a Xunta que protexa os murais de Lugrís na Coruña

A Valedora do Pobo requiriu á Xunta para que informe sobre os murais de...

O comercio de alimentación da Coruña ameaza con levar a folga ao Nadal

O persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña mobilizouse este martes na...

A IX edición de INTERSECCIÓN reúne 27 filmes de 22 países en cinco días

Xa está marcha INTERSECCIÓN – Festival Internacional de Cine da Coruña, cunha completa programación...

O Concello da Coruña abre este martes a inscrición para a súa Escola de Participación con 400 prazas

O Concello da Coruña abre este martes o prazo de inscrición para unha nova...