InicioCULTURAA Casa Museo Casares Quiroga afondou sobre o exilio de Castelao

A Casa Museo Casares Quiroga afondou sobre o exilio de Castelao

Publicada o

Por Redacción

Arrincou o Ciclo de conferencias “Castelao e o seu tempo”. A Casa Museo Casares Quiroga acollía onte a mesa redonda ‘Exilio e memoria’ co gallo de seguir conmemorando o 75 aniversario do falecemento do intelectual rianxeiro.

A sesión centrouse na análise do papel do exilio na construción da identidade galega contemporánea e na recuperación da memoria colectiva, un dos eixos fundamentais da obra e do compromiso político e humano de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Na mesa redonda desta tarde participaron o concelleiro de Cultural Gonzalo Castro, Xosé Manuel Núñez Seixas (catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela), Miguel Anxo Seixas Seoane (historiador da arte e presidente da Fundación Castelao) e o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo Abuín.

O ciclo “Castelao e o seu tempo” está organizado pola Fundación Castelao e polo Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, coa cofinanciación do Concello da Coruña e a colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística autonómica, o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega, no marco do Ano Castelao 2025.

Máis novas

A Coruña acolle o ciclo ‘Castelao e o seu tempo’ no 75 aniversario do falecemento do intelectual galego

Unha nova lectura colectiva do Ollo de Vidro de Castelao

ÚLTIMAS

En marcha as obras do Parque cuberto do Ventorrillo e de renovación do Parque da Palloza

Ultima esta semana os preparativos o concello da Coruña para a obra de dous...

Achan o corpo dun home na zona da Dársena da Mariña

Os bombeiros da Coruña rescataron este luns o corpo dun home que apareceu flotando...

A Tobeira acolle esta tarde a presentación do libro escrito por Manolo Teniente na Flotilla da Liberdade 

A Global Sumud Galiza pon en marcha a xira de presentación do libro ”Diario...

A Coruña acolle a VII Semana do Cinema Galego con oito proxeccións gratuítas

A cidade da Coruña dará comezo este martes, 7 de abril, á VII Semana...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here