InicioA CORUÑAO “cidadán can”: Unha guía didáctica sobre tenencia responsable de animais

O “cidadán can”: Unha guía didáctica sobre tenencia responsable de animais

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Aproveitando a visita guiada do Programa Ambiental do Concello da Coruña organizada pola Fundación Érguete para as persoas residentes no Centro de Inserción Social da Coruña, queremos facer unha guía práctica sobre a tenencia responsable de animais.

Máis tendo en conta, como xa temos falado, que vivimos nunha cidade con máis cans que menores de 14 anos, o que fai necesario case asumir aos animais como “cidadáns cans”. Todo nun contexto no que a irresponsabilidade duns poucos “donos” coas recollidas das cacas, con levar cans soltos e sen bozal… acaba provocando unha controversia social importante.

E co gallo de unir camiños, traemos esta interesante guía sobre tenencia responsable de animais.

Os principios básicos serían proporcionar unha alimentación e unha saúde axeitada, e terlle posto microchip e telo rexistro no RELIAC.

En breve, a sociedade española falará da esterilización de todos os animais que non sexan destinados á cría, como xa acontece a día de hoxe no norte de Europa.

Áreas caninas e zonas de esparcimento canino

Son tres os tipos de espazos onde, unicamente, se poden soltar aos cans: a pequena e contaminada cala de Bens), a única onde os animais se poden bañar todo o ano; as áreas caninas e as Zonas de esparcimento canino.

Hai 5 Áreas caninas na cidade, onde os cans poden estar libres, pero cómpre manter as normas básicas como recoller os excrementos… Estas son:

  • Eirís,
  • Bens,
  • Novo Mesoiro,
  • Santa Margarida e
  • Parque Adolfo Suárez, en Visma.

En canto ás Zonas de esparcimento canino (áreas máis grandes nas que poden ir libres en horarios, en inverno dende as 20:00 as 8:00, e en verán dende as 22:00), temos as de:

  • San Diego,
  • A Maestranza,
  • Barrio das Flores,
  • Torre de Hércules e
  • Parque Adolfo Suárez, en Visma.

Durante o inverno, as praias convírtense en zonas de esparcimento canino e os cans só poden estar ceibos neste mesmo horario, de 20:00h a 8:00h.

Cans potencialmente perigoso

Facemos especial fincapé nos cans “potencialmente perigosos”, que na lei intentaron denominar como “de manexo especial”. Son 16 razas e os cruces entre elas, os recollidos na ordenanza, pero tamén se inclúen cans que tiveron un precedente de agresión a persoas ou animais; e outros que foron educados como garda.

Estes teñen que levar bozal sempre, ir amarrados cunha correa de 1,5m, e ademais requiren un seguro especial e unha licenza municipal nominal (e só poden saír á rúa coa persoa que teña esa licenza, non pode haber un can “da casa” que pasee toda a familia, supoñendo esta un dos principaus argumentos das sacións).

Outro día falaremos da canceira municipal, onde a meirande parte dos animais, curiosamente, son dos considerados “potencialmente perigosos”…

Máis novas

De mascota a “perrhijo”: A Coruña, a cidade con máis cans que nenos

ÚLTIMAS

Un Padroado de mínimos aproba convocar un novo concurso para a dirección da Fundación Luís Seoane

Esta pasada mañá de xoves 20 de novembro houbo unha importante reunión do Padroado...

“A Coruña impartirá, por primeira vez, docencia en Medicina”, di o reitor da UDC

O reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, puxo en valor que "por primeira...

A ANPA do CEIP de Prácticas non cede tras un ano en loita contra o deterioro do centro

Está sendo moi grave o desagravio das administracións para cos centros de ensino para...

A fotógrafa Annie Leibovitz presenta na Coruña a súa mostra ‘Wonderland’

A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) abre ao público, desde este sábado, día 22,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here