InicioA CORUÑADe mascota a “perrhijo”: A Coruña, a cidade con máis cans que...

De mascota a “perrhijo”: A Coruña, a cidade con máis cans que nenos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa hai tempo que a curva dos cans superou ao de nenos na cidade da Coruña. A día de hoxe hai censados preto de 32.000 cans na cidade, polos 28.092 nenos/as menores de 15 anos (0 a 14) empadroados no Concello da Coruña, segundo os datos de 2024.

Unha cifra que dá boa conta da necesidade de facer políticas para os nosos compañeiros de vida, pero tamén para tomar medidas que axuden a controlar a correcta limpeza dos pises e as cacas dos mesmos.

Con todo, son varias as reflexións que xorden deste singular dato.

As Praias caninas

Moitos cans pero ata o de agora só temos unha praia canina, a mísera e contaminada cala de Bens.

Así o sinala a nova Ordenanza de praias aprobada hai apenas uns meses, se ben trala súa aprobación, o goberno municipal (PSOE) se comprometeu co BNG a habilitar tamén as minúsculas calas das Amorosas (en Durmideiras) e as calas de San Roque (pouco antes do Millenium) como espazos para o esparexemento canino. Algo que, de seguro, vai traer conflitos cos usuarios habituais desas calas paradisíacas.

De “mascota” a “perrhijo”

O aumento de cans nas nosas vidas trae tamén consigo cambios na linguaxe. A palabra “mascota” vai decaendo, e o concepto de “dono” que implica a pertenza dun animal ao ser humano cada vez é menos frecuente. Non así o “é o meu can”, que se segue a usar igual que “é o meu home” ou “é o meu fillo”, se ben comeza a escoitarse xa o concepto “perrhijo” ou ata “compañeiro de piso”.

Porque a realidade é que a día de hoxe temos cans en casas de xentes de todas as idades. Familias que tratan de implicar ás súas crianzas pequenas ou adolescentes no cariño e na responsabilidade de coidar un animal; xente nova solteira que adopta un fermoso e glamouroso galgo maltratado; ou maiores que, tras quedar sós na vida, recollen un deses cans palleiros ruidosos que tanta compañía ofrecen.

Adopción

En todo caso, cómpre lembrar a existencia da Canceira municipal, sitada en Bens (na Rúa Pedro Ferrer), aberta de luns a sábado de 9:00 h. a 19:00h, á que te podes achegar para acoller un amigo, ou chamar aos teléfonos 981 184 233 ou 981 184 315 para informarte. Está xestionada por Servigal, onde podedes ver os animais que buscan familia.

Máis novas

A Coruña insiste na importancia de recoller as deposicións dos cans coa campaña ‘Pode saír caro’

Os usuarios de praias da Coruña reclaman prohibir altofalantes, regular acceso de cans e acoutar áreas de xogo

ÚLTIMAS

Califican de “gran éxito” a primeira folga en Glovo en Galicia

A Federación de Servizos á Cidadanía (FSC) de CC.OO. cualificou de "gran éxito" a...

Un Foro aberto para profesionais sobre estratexias educativas innovadoras na prevención das violencias machistas desde a adolescencia

No marco do programa “Ondas de Cambio”, o espazo de intervención cultural da UDC...

As traballadoras do comercio volven manifestarse rotundamente contra o convenio da patronal ARTE

Tralas mobilizacións da semana pasada a modo de Byd Bunny as traballadoras do comercio...

CSIF denuncia “falta de planificación” na nova cabeceira de autobuses interurbanos da Coruña

Os delegados de CSIF no comité de empresa de Compostelá S.A. (Grupo Alsa) denunciaron...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here