InicioMOV. SOCIAIS25N: A Coruña volveu saír á rúa para denunciar a violencia institucional

25N: A Coruña volveu saír á rúa para denunciar a violencia institucional

Publicada o

Por Redacción

Volveu latexar na Coruña o pulso contra a violencia de xénero. Despois dos actos municipais da mañá, a manifestación desta tardiña de martes 25 de novembro volveu demostrar que a loita contra as violencias machistas é unha das principais necesidades da sociedade actual.

Centos de familias, amparadas en pancartas cheos de lemas reivindicativos e bandeiras de sindicatos, acodiron á chamada da Marcha Mundial das Mulleres e as entidades adheridas á rede local, para encher o centro da cidade de arengas e cánticos.

A manifestación parría do Obelisco, percorrendo os Cantóns e achegándose ata Praza de Galicia, diante da sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, antes de chegar á Praza de Ourense, na delegación do goberno.

25N na Coruna

O lema deste ano baséase na loita contra a violencia institucional e o seu carácter estrutural que invade cada unha das aristas da nosa sociedade. “Precisamos reconstruír con perspectiva feminsta toda a engranaxe institucional da nosa sociedade para eliminar as discriminacións e as violencias que sufrimos as mulleres galegas”, sinalan no manifesto.

Poden ler aquí o manifesto da Marcha Mundial das Mulleres polo 25N contra a violencia institucional.

Dacordo cos datos da Delegación de Goberno, ata este 25 de novembro de 2025, 38 mulleres foron asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas e xa son 1.333 desde que se empezaron a solicitar datos (2003). Das 38 mulleres asasinadas neste ano, o 63,2%, é dicir, 24 vítimas eran de orixe española e 14 naceran noutro país. Tamén este ano, 3 menores foron asasinados en casos de violencia de xénero. Dous deles eran fillos/fillas do agresor.

Así e todos, os colectivos sociais contabilizan xa 84 feminicidios rexistrados neste 2025, dos que 3 terían sido en Galicia.

Máis novas

Un lazo humano polo 25N

ÚLTIMAS

Aitor Neira defende “a colaboración entre os espazos progresistas da cidade” na súa presentación como candidato de Podemos Coruña

O pasado venres Sumar Coruña anunciaba que Trinidad Palacios era a súa proposta para...

Feria de abril en Riazor

Xornada 7 – Deportivo 1 – Betis 1 Punto de loita e superación...

Gastronomía e banda deseñada para que se coñeza o “Sabor Coruño”

Representantes da Asociación Coruña Cociña presentaron este luns, na Fundación Luis Seoane, un cómic,...

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña mobilízanse para reclamar un novo convenio

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña manifestáronse este domingo para reclamar...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here