InicioCULLEREDOArde o motor dun tren en Culleredo; os 21 pasaxeiros tiveron que...

Arde o motor dun tren en Culleredo; os 21 pasaxeiros tiveron que ser trasladados en Taxi

Publicada o

Por europapress

Os 21 pasaxeiros dun tren tiveron que ser evacuados e trasladados en taxi na noite deste domingo despois de que un dos motores do convoi comezase a arder na localidade coruñesa de Culleredo. Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 23.40 horas e foi o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) o que solicitou medios de extinción debido a que saía fume de debaixo dun tren, que se atopaba nese momento parado na estación de Culleredo.

A empresa tamén informaba de que todos os pasaxeiros estaban xa no exterior do mesmo en perfecto estado, sendo posteriormente trasladados en taxi ata A Coruña, o seu destino final. Foron o maquinista e outra persoa os que apagaron as chamas cun extintor, mentres que os Bombeiros de Arteixo fixeron as comprobacións correspondentes cando chegaron. No operativo tamén colaborou a Garda Civil e a Policía Local de Cullerero.

ÚLTIMAS

A Xunta convoca ao sindicato O’Mega para negociar tras 3 días de folga na Atención Primaria

Tiveron que pasar 3 días en folga nos Centros de Saúde, privando dun servizo...

O festival ‘Imaxinaria’ converterá A Coruña no epicentro da animación internacional do 11 ao 15 de marzo

O Festival de Animación 'Imaxinaria' celebra unha nova edición do 11 ao 15 de...

O alumnado de FP Dual do Ánxel Casal que ten contra as cordas á Consellería

Está mobilizando a media Consellería de Educación un pequeno grupo de 10 alummnos do...

Os salvadores do CIS volven limpar o Areal da Torre

Volveu ao Areal da Torre o programa Entre Crebas, esa iniciativa da Asoc. Mar...