InicioCULTURAO Fanzine Fest cola a música electrónica na #AxendaCoruña

O Fanzine Fest cola a música electrónica na #AxendaCoruña

Publicada o

Por Redacción

Volve o Fanzine Fest, converter á cidade nun polo de aracción para os amantes da cultura electro. A promotora herculina de Pablo Cubeiro e Roi Grobas, Fanzine Project, levan máis de 10 anos desenvolvendo, co apoio do Concello da Coruña, esta cita de vangarda.

A cita, que mantén a súa vocación de conectar a escena internacional co talento galego e estatal, amplía a súa presenza na cidade con tres novos espazos: o Museo de Belas Artes, a Igrexa das Capuchinas e o Teatro Colón, que se suman a sedes xa habituais como o planetario da Casa das Ciencias, a Domus, a Fundación Luis Seoane e a Sala O Túnel.

Durante sete días, do venres 5 ao 12 de decembro, Fanzine Fest despregará un percorrido sonoro e visual que une diferentes xeracións, xeografías e estilos dentro da electrónica contemporánea. O cartel de 2025 reúne a figuras internacionais como Orphx, Plant 43, Kerrie, Jerome Hill ou Electric Rescue, xunto a nomes destacados da escena nacional como Architectural ou Promising/Youngster. A eles súmase unha potente representación galega con Boneco & Hey Pablo!, Ángel Novcad, Jean Fixx, Bombyx Blow, Músculo!, Lex G, Roi, Slit Observers, Mist Gasp e Elektrógena, entre outros. No apartado visual destacan Gnomalab, Eloi Costilludo, Juan Lesta e The Panic Room, responsables das contornas inmersivas e directas AV/AV que caracterizan ao festival.

Charlas

Ademais dos concertos, Fanzine Fest 2025 contará con talleres e charlas destinadas a público infantil e adulto que levarán a cabo o sábado 6 na Fundación Luis Seoane. Os máis pequenos poderán gozar de dous talleres, ‘Viaxe ao centro do ritmo’ impartido por Sebastian Black e ‘Mini Mappers’, un taller de vídeo mapping desenvolvido por Gnomalab.
Para o público adulto, a empresa de hardware musical galego OXI instruments organizan un taller de creación e performance cos seus instrumentos. E Patricia Hermida, presidenta da AGEM, dará unha charla sobre xestión de dereitos e monetización: ‘Os likes non pagan o alugueiro: Onde está o diñeiro na música?’

Más información, programación completa e venda de entradas en www.fanzinefest.com.

ÚLTIMAS

As chaves da folga de médicos na atención primaria galega

O meu nome é Afonso e son un dos representantes da asemblea de médicos...

Inés rey insiste que a declaración de zona tensionada contén os prezos do aluguer

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, defendeu que a declaración de zona de mercado...

Solidariedade Internacional celebrou 20 anos da tenda de comercio xusto de San Andrés

Se pensamos nas tendas de comercio xusto da cidade, seguro que a cabeza nos...

O BNG presenta unha batería de enmendas aos Orzamentos da Xunta de 2026 para a Coruña e comarca

As deputadas do BNG Mercedes Queixas e Iria Taibo, acompañadas da concelleira da Coruña,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here