InicioCULTURAA Alexandre Bóveda rescata a "outra cara" de Manuel María este mércores...

A Alexandre Bóveda rescata a “outra cara” de Manuel María este mércores no Rosalía

Publicada o

Por editor

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ultima os preparativos para a 28ª edición do Memorial Ibán Toxeiro, que terá lugar mañá mércores no Teatro Rosalía de Castro ás 20.30 horas. Baixo o título “Toxos e tabernas: festexemos a Manuel María”, o evento trata de facer xustiza ao legado que o autor chairego deixou na cidade

Manuela Varela, directora artística da gala e do grupo Alexandre Bóveda Teatro, explica que a motivación desta edición xurdiu da necesidade de “dar a coñecer a outra cara de Manuel María no mundo da escrita creativa”. Aínda que é coñecido fundamentalmente como poeta, Varela recorda que “o teatro ocupou un lugar moi destacado no conxunto da súa obra; el mesmo confesou que, trala poesía, o teatro era o seu xénero predilecto”.

O legado teatral de Manuel María, composto por 33 pezas, permaneceu durante moito tempo na sombra. “Hai anos a maioría destas obras resultaban inaccesibles, eran textos inéditos ou publicacións esgotadas”, sinala a directora.

Este ano, ademais o Premio de Honra Lino Braxe recae na Fundación Casa-Museo Manuel María.

Un programa que une a orixe e a actualidade

A gala, conducida pola actriz Sabela Hermida, ofrecerá un percorrido que conecta o inicio da carreira de Manuel María coa vixencia actual dos seus textos:

  • Alexandre Bóveda Teatro representará O auto do taberneiro. Escrita en 1957, foi a primeira obra teatral do autor, demostrando a súa constancia no cultivo deste xénero desde a súa mocidade.
  • Galeatro e Xarope Tulú porán en escena Berenguela na gaiola. Trátase da obra gañadora da cuarta edición do Certame de Proxectos Teatrais da Fundación. Unha peza para público familiar, cunha caracterización abraiante, que serve como exemplo perfecto de como o labor da Fundación (homenaxeada) mantén vivo o teatro de Manuel María.

Entrada libre

A AC Alexandre Bóveda convida á cidadanía a participar nesta festa das artes escénicas. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade do teatro. Habilitarase un Photocall no vestíbulo para que o público poida gardar un recordo desta noite de celebración.

ÚLTIMAS

Unha avaría obriga a deter un AVE entre A Coruña e Madrid en Ourense e provoca un atraso de 3 horas

Unha incidencia técnica, sobre a que Renfe non deu máis detalles, obrigou a deter...

O BNG alerta dun “grave deterioro” na torre de control de Alvedro tras a súa privatización

O BNG denunciou a "grave deterioración" das condicións laborais na torre de control do...

Apolo18, a nova banda herculina que rompe cos sons reinantes na Xeración Z

Levan apenas un ano e medio como formación e xa están copando titulares das...

A folga do transporte por estrada na Coruña volverá o mércores se non hai acordo

A folga de transportes de viaxeiros por estrada da provincia da Coruña retomarase o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here