InicioA CORUÑAA rede feminista municipalista AKAFEM continúa este mércores o seu cuclo de...

A rede feminista municipalista AKAFEM continúa este mércores o seu cuclo de conversas abertas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Está desenvolvendo neste de nadal a rede feminista municipalista AKAFEM uns interesantes faladoiros na cidade, o ciclo de conversas abertas “Entre afectos e resistencias”. A semana pasada o Circo de Artesáns acollía a conversa entre Lucas Platero e Cristina Palacios (xerente de Arelas) que serviu para presentar o libro da primeira “Me insultan y yo les tiro un beso. Infancias y adolescencias LGTBIQA+”, acompañada dunha profunda que serve para emponderar á rapazada que se identifica neste colectivo.

As xornadas continúan este mércores 10 de decembro, ás 20.00 horas, de novo no Circo de Artesáns (en San Andrés), con Clara Serra. A filósofa e investigadora presentará “Cartografías do consentimento: corpo, experiencia e loitas” acompañada pola autora e doutora en filosofía Carme Adán.

O sábado, día 20, ás 18.30 horas, terá lugar na Revolteira (rúa Falperra, 13) o encontro entre o escritor e activista Roy Galán co profesor David Bruzos, baixo o título “Afectos contra o poder: conversas sobre masculinidades en tránsito”.

Cartel_Akafem-1-scaled

AKAFEM e o ciclo

O ciclo busca converterse nunha “proposta que mestura pensamento crítico, experiencia situada e voces recoñecidas do ámbito estatal e galego para pensar e debater arredor das novas linguaxes políticas do afecto, a diversidade sexual e de xénero, as alianzas transformadoras e as resistencias aos discursos de odio e ao patriarcado”.

Está organizado pola rede feminista municipalista AKAFEM, “un espazo de apoio mutuo e reflexión, análise e formación de ámbito estatal que dirixe o seu labor á creación de espazos onde xerar pensamento e discurso transversal, xerar dinámicas que eviten a expulsión das mulleres e as feministas dos espazos institucionais e buscar a interlocución con esas mesmas institucións para potenciar a incidencia política do pensamento e as prácticas feministas”.

ÚLTIMAS

Unha visita ao espazo de adopción de animais abandonados de Bens

Xa trouxemos a semana pasada unha guía sobre tenencia responsable de animais nesta, a...

O Jazz Filloa acolle hoxe un debate sobre o estado de saúde da música local

A República Musical Mardi Gras homenaxea este mes de decembro ao Jazz Filloa celebrando...

Que será a campaña #ACoruñaPortoNegreiro?

Amence esta ponte a cidade da Coruña con carteis por todas partes co lema...

Os grupos folclóricos de Oleiros danse cita do García Márquez

O domingo 14 de decembro celébrase un gran festival dos grupos folclóricos do Concello...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here