InicioCULTURAO Jazz Filloa acolle hoxe un debate sobre o estado de saúde...

O Jazz Filloa acolle hoxe un debate sobre o estado de saúde da música local

Publicada o

Por Redacción

A República Musical Mardi Gras homenaxea este mes de decembro ao Jazz Filloa celebrando na mítica sala da rúa Cega duas actividades do ciclo Coruña República Musical que conta co apoio da Concellaría de Cultura e Turismo do Concello da Coruña.

O Filloa cumple este mes 45 anos de traxectoria só interrumpida pola pandemia programando exclusivamente Jazz. Un mérito infinito e un espazo máximo que se debe reivindicar como merece. Tras o concerto do pasado xoves da formación de Swing Stompy Seven Jass Band, o martes día 9 ás 19:30 celebrarase un necesario debate sobre Músical local con entrada libre ata completar aforo.

O debate contará coa presenza de directivas de tres asociacións vinculadas á música: Silvia Penide representará a Músicas ao Vivo, Tomi Legido farao representando a Clubtura, a asociación galega de salas privadas de música ao vivo, e María Castro será a anfitriona en representación da República Musical Mardi Gras. Sumarase ao debate Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, en canto finalice outro acto no que ten comprometida a súa presenza. Está previsto tamén que outras organizacións como Sunwalk Records participen coas súa visión.

Falarase de retos a afrontar a nivel de relacións entre os diversos sectores, de posibles políticas públicas de apoio e tamen do Festival Noroeste Estrella Galicia que é raro o ano que non suscita polémica As persoas interesadas en enviar propostas previas de temas a tratar poden facelo enviando un correo a acrepublicamardigras@gmail.com. As que o fagan terán preferencia á hora de participar nas intervencións do público. Está previsto rematar ás 21 horas.

ÚLTIMAS

Apolo18, a nova banda herculina que rompe cos sons reinantes na Xeración Z

Levan apenas un ano e medio como formación e xa están copando titulares das...

A folga do transporte por estrada na Coruña volverá o mércores se non hai acordo

A folga de transportes de viaxeiros por estrada da provincia da Coruña retomarase o...

Unha avaría obriga a deter un AVE entre A Coruña e Madrid e provoca atrasos de máis dunha hora

Unha incidencia técnica, sobre a que Renfe non deu máis detalles, obrigou a deter...

O Programa de Lecer e as débedas dos docentes, pendentes da vontade da empresa reincidente

Tivo lugar, finalmente onte, xoves 5 de febreiro, tras varios atrasos, a importante reunión...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here