InicioECONOMÍAA folga do comercio téxtil en Coruña planta cara ao convenio estatal...

A folga do comercio téxtil en Coruña planta cara ao convenio estatal que “recorta dereitos”

Publicada o

Por europapress

Traballadoras e traballadores do sector do comercio téxtil na provincia da Coruña mobilizáronse este mércores en contra dun convenio estatal que, segundo sosteñen, “rebaixa dereitos” ao persoal en relación aos incluídos no actual convenio provincial, regulado a través do comercio vario. Foi con motivo dunha xornada de folga convocada por CIG e UGT, cun 90% de seguemento, para expresar o rexeitamento ás pretensións, indicaron, da patronal integrada prol as grandes empresas do sector de “impor” un convenio de ámbito estatal.

E é que, segundo os representantes sindicais, o mesmo supón “peores condicións que as recollidas no convenio provincial do comercio vario”. Así o expuxeron na presentación das mobilizacións e durante esta xornada, con protestas ante os centros de traballo e tamén con concentración na praza de Lugo, na cidade herculina, con participación dunhas 300 persoas. “A xornada de folga está a ser un éxito”, asegurou Lucía Domínguez, da CIG, que subliñou que no caso da Coruña cidade –a convocatoria foi a nivel provincial– houbo establecementos que só tiñan traballando “a persoas” a través de empresas temporais de emprego.

2025-12-10_FolgaconvenioARTE_12

Unhas 1.500 dependentas da comarca da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrolterra (dun colectivo de 2.500) sumáronse nunha multitudinaria mobilización este mediodía na cidade herculina en defensa do dereito a negociar aquí as súas condición de traballo “e que non sexan as cúpulas sindicais en Madrid quen decidan pór nós”.

A mobilización iniciouse cunha concentración na rúa Compostela, rodeou a Praza de Lugo e rematou nas inmediacións do Obelisco, onde se fixo un chamado a continuar na loita para impedir que se asine o convenio estatal do gran comercio téxtil e de calzado que promove ARTE, mais tamén coa vista posta na próxima negociación do convenio provincial de comercio vario (que actualmente regula a este persoal) que remata o próximo 31 de decembro.

REUNIÓN EN MADRID

“Non con persoal da empresa”, aseverou en relación a unha folga que afectou a grandes empresas do sector téxtil. Por outra banda, indicou que nos últimos anos lograron “mellorar as condicións” do persoal a través de negociacións provinciais e engadiu que en 2023 as grandes empresas do sector crearon unha patronal “para implantar un convenio estatal”, para cuxa negociación hai convocada nesta xornada unha reunión en Madrid. “As propostas do convenio son moi inferiores ás que temos hoxe en día, supón enterrar dereitos das dependentas”, engadiu para indicar que lles quitará tamén “capacidade de decidir”.

“Reclamamos unha negociación aquí”, insistiu en alusión a un convenio provincial e para subliñar que o estatal suporía unha perda salarial de 3.000 euros ou a “desaparición” de licenzas obtidas como as relativas a asuntos propios ou redución de xornada por coidado de fillos ata os 14 anos. Todo iso en relación a unha medida que afectaría a unhas 2.500 empregadas e empregados. “Non podemos perder nada” foi un dos lemas que se podía ler nunha das pancartas que exhibiron nas súas protestas nunha xornada sen incidencias, con algunhas tendas pechadas durante a concentración, e na que as participantes corearon proclamas como “aquí traballamos, aquí negociamos” ou “queren esmagar os nosos dereitos”.

2025-12-10_FolgaconvenioARTE_12

2025-12-10_FolgaconvenioARTE_12

Máis novas

O persoal de Jevaso mobilízase contra a extrema precariedade laboral do xigante do textil

Jevaso, o “xigante textil” que crece por fóra pero se baleira por dentro

ÚLTIMAS

Xa abríu as portas o Mercado de Monte Alto

Chegou o día. Despois de case 3 anos de exilio na potente carpa provisional instalada...

Segundo día de folga na Atención Primaria

Xa nos explicaba Afonso C.G. a semana pasada as chaves da folga Atención Primaria....

Refaat Alathamna e Mohamed Safa recollen este xoves, nun acto aberto na ONCE, o Recoñecemento da Rede Acampa

Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio fará entrega este xoves 11 de...

CASCO organiza visibiliza na Coruña a loita contra o estigma do VIH na xornada de cine Pride Positivo

O Pride Positivo, iniciativa creada en 2022 para visibilizar a persistencia do estigma e...