InicioMOV. SOCIAISO profesorado conmemora unha marcha fúnebre polo ensino público na súa primeira...

O profesorado conmemora unha marcha fúnebre polo ensino público na súa primeira xornada de folga

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Con menos incidencia da que debería entre as familias (si que conta co apoio oficial das ANPAS Galegas), arrincou a primeira xornada das dúas de folga convocadas polo profesorado do país, para profestar recortes e desmantelamento do ensino público galego. A de hoxe é xa o cuarto día de folga do profesoado neste primeiro trimestre de curso, e a enésima mobilización das comunidades escolares, o que dá conta da falta de interese da Xunta de paliar as carencias que levan denunciando familias, ANPAS e centros de ensino dende setembro: falta profesorado de apoio para as Necesidades Educativas Específicas.

Marcha fúnebre polo ensino público

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

Esta mañá, os sindicatos convocantes CIG-Ensina e STEG animaba ao profesorado a acodir a secundar a folga e a participar, vestidos de negro, á manifestación/marcha fúnebre  realizada entre o CEIP Alborada e o Edificio Administrativo de Monelos, en sinal de loito polos recortes. Polo camiño foron amosando a loita polos CEIP Salgado Torres, CEIP Wenceslao Fernández Flórez, IES Fernando Wirtz, CEIP Concepción Arenal, CEIP San Francisco Xabier, IES Otero Pedrayo, CEE Nosa Señora do Rosario, CEIP María Pita e CEIP Ramón de la Sagra. En todos eles foron deixando crespóns, esquelas… que simbolizan “o fúnebre futuro cara o que nos diriximos de seguir a Consellaría de Educación a aplicar unhas políticas de recortes de profesorado e de recursos que nestes últimos anos están abocando aos docentes galego a unhas condicións laborais pésimas, cunha sobrecarga de traballo que repercute negativamente sobre todo no alumnado, e moi especialmente naquel que require unha atención especial”.

 

Nova xornada

Mentres os centros continúan operativos polos servizos mínimos, nalgún caso con menos clases ordinarias e máis recreo, a segunda xornada de folga, a do mércores 17, convoca ao profesorado a unha marcha en Santiago de Compostela para reiterar, máis unha vez, as demandas ante o propio goberno da Xunta (sairá ás 11:30 de diante do Parlamento Galego) e tamén ante o Conselleiro de Educación (rematará de diante do edificio da Xunta en San Caetano).

Unha das 20 marchas no país

Estas accións enmárcanse na estratexia de visibilizar e socializar o conflito laboral que mantén o profesorado galego desde inicios de curso tras 15 anos de recortes e de ser o único do Estado que continúa co horario lectivo dos recortes da crise de 2010. Ademais, a falta de profesorado especialista e persoal auxiliar coidador para atender á diversidade, que se puxo de manifesto especialmente este curso con protestas protagonizadas polas ANPAs; as ratios elevadas, sobre todo nas áreas urbanas e periurbanas; a precarización das condicións con cada vez maior número de contratos a media xornada e itinerantes até en tres centros diferentes, así como unha burocracia asfixiante que impide dedicar o tempo a preparar as clases son algunha das demandas que levaron á convocatoria de tantos días de folga, que mañá chegarán ao quinto, algo insólito desde os 86/87 e 87/88 nos que se realizaron 12 e 20 convocatorias de folga respectivamente. 

Máis novas

Indignación nas familias do CEIP Cidade Vella tras escoitar en directo “as mentiras” da Xunta

As familias do CEIP Concepción Arenal apoian as demandas do seu profesorado ante a falta de persoal coidador

Un ano de loita polo CEIP Prácticas: “As familias estamos fartas!”

ÚLTIMAS

(Vídeo) Retiran unha balea de 30 toneladas que apareceu morta na costa da Coruña

Efectivos participaron este martes nun operativo para a retirada do mar dunha balea de...

O IMCE convoca unha reunión cos usuarios do programa de lecer do Fórum e do Ágora ante a suspensión da viaxe de fin de...

Co hipotética suspensión das viaxes de fin de curso, a dirección do IMCE vén...

Falece unha muller na Coruña ao saírse o seu coche da vía en Alfonso Molina

Unha muller, de 49 anos e natural da Coruña, faleceu na Coruña nun accidente...

Buscan por terra, mar e aire a un home de 66 anos que practicaba pesca deportiva na Coruña

Os servizos de emerxencias buscan na Coruña a un home de 66 anos que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here