InicioPOLÍTICAO Caso Tomé salpica a Inés Rey e Lage Tuñas tras unha...

O Caso Tomé salpica a Inés Rey e Lage Tuñas tras unha denuncia por acoso laboral na canle interna do PSOE

Publicada o

Por editor

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o concelleiro José Manuel Lage, son os novos denunciados no canal antiacoso do PSOE. Dúas ex concelleiras denuncian situacións de “mobing” con tratos denigrantes que recollen situacións de “berros, insultos, malos modos, trato vexatorio, menoscabo da dignidade, mobbing”.

Non te podes chegar a imaxinar a angustia que me asaltaba cada vez que a miña secretaria me anunciaba unha chamada da alcaldesa, Inés Rey, ou cando o seu nome aparecía rexistrado nas chamadas do meu teléfono móbil. Sei que isto pode parecer mesmo ridículo entre compañeiras, o sentir practicamente medo cando isto pasaba, pero a conduta cara a min era como cando someten a unha persoa á tortura da pinga malaya: un día, outro, outro, outro, aos poucos, cando menos esperábalo”, relata unha das denunciantes nun escrito remitido en 2022 ao entón Secretario de Organización, Santos Cerdán.

Aseguran que situacións como estas puxéronse tamén en coñecemento “do comité de ética, da Comisión Executiva Nacional e en reunión en Madrid do vicesecretario do PSdeG –nese momento a dirección galega estaba en mans de Gonzalo Caballero–“.  Estas dúas ex concelleiras, Eva Martínez Acón e Esther Fontán, participaron no goberno local do PSOE no anterior mandato, entre os anos 2019 e 2023.  Acón lembra que 2020, por exemplo, houbo unha reunión “con todos os concelleiros na que durante unha hora e media sufrín todo tipo de presións e insultos:  Es unha vaga, rascala a dúas mans, tes un soldo Nescafé, para ir en listas hai que ter nivel, que se che meta na puta cabeza que quen manda no PSOE é Inés…”.

Acón conclúe que decidiu, agora, dar un paso adiante ante os casos que están a saír actualmente no partido. “Dada a situación presente tomei conciencia da gravidade da situación que parece moi estendida e por iso decido presentar esta denuncia”.

“USO ESPURIO”

Tras coñecer estas denuncias, a alcaldesa da Coruña acusou as denunciantes de utilizar a canle antiacoso do PSOE para un “uso espurio”. “É unha mágoa que unha canle interna que xurdiu para defender a vítimas reais úseno determinadas persoas para fins que nada teñen que ver con isto“, di nun comunicado.

Destaca que “as denunciantes teñen nome e apelidos” porque ostentaron cargos no seu Goberno e di que isto é “un axuste de contas por non repetir nas listas”. “Non se pode confundir a discrepancia política co acoso. Quen non repite nunhas listas, ou discrepa nun goberno, ten outras vías e canles políticas para expresarse”, di Inés Rey.

Ademais, a alcaldesa da Coruña convida as denunciantes a acudir “ao xulgado”. “Se non o fixeron esas persoas, coas que hai anos que non teño ningunha relación, entendo que é porque saben perfectamente que non hai nada que denunciar, e porque saben que en España a denuncia falsa é un delito”, destaca.

Está por ver que pasa co caso de Inés Rey xa que Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, tivo que deixar o PSOE tras unha denuncia por acoso laboral. De feito, a alcaldesa da Coruña foi unha das impulsoras dun manifesto moi crítico co proceder da dirección do PSdeG co caso de acoso de José Tomé.

ÚLTIMAS

O SUP defende a actuación policial tras a morte do home que ameazou a axentes cun coitelo

O Sindicato Unificado de Policía (SUP) defendeu a actuación policial tras a morte dun...

O goberno local delega no concelleiro Gonzalo Castro a presidencia da Fundación Luís Seoane

Segue o goberno local menosprezando a Fundación Luís Seoane, no marco dos complicados temos...

Mar de Fábula realiza educa e conciencia medioambientalmente ao CIS

Continúa viva a colaboración da Asociación Mar de Fábula co CIS (Centro de Inserción...

Aumenta a actividade pesqueira no porto da Coruña e o número de cruceiros

O presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado, destacou o crecemento da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here