InicioCULTURAO salón de actos de Afundación acolle este venres 19 un recital...

O salón de actos de Afundación acolle este venres 19 un recital de poesía con Víctor Hugo Díaz

Publicada o

Por Redacción

O escritor e poeta chileno Víctor Hugo Díaz participará este venres 19 de decembro, nun recital de poesía da súa obra. O acto consistirá na lectura dunha escolma de poemas castelán e galego, coa participación directa do autor e coa colaboración de Alejandra Bellón Tenreiro, Luis Pérez Rodríguez, Olga Patiño Nogueira e Xulio López Valcárcel.

A actividade, organizada pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e polo Consulado Honorario de Chile na Coruña, terá lugar mañá a partir das 19.00 horas no salón de actos da Sede Afundación, situado na rúa Estrela, 21. O recital supón unha oportunidade única para coñecer a obra dun dos poetas máis destacados do panorama literario chileno actual.

Víctor Hugo Díaz (Santiago de Chile, 1965) é unha das voces máis recoñecidas da poesía chilena contemporánea. Autor dunha sólida obra poética, publicou títulos como La comarca de senos caídos, Doble vida, Lugares de uso, No tocar, falta, Antología de baja pureza (1987–2013), Hechiza, poemas anticipados, Lo puro puesto ou El suelo pesa, entre outros. Ao longo da súa traxectoria recibiu recoñecementos como a primeira Beca de Creación Taller Pablo Neruda (1988) ou o Premio Pablo Neruda (2004) polo conxunto da súa obra.

ÚLTIMAS

A alcaldesa da Coruña insiste en pactar co BNG os orzamentos do 2027 e Avia Castro responde que non hai nada que dialogar

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, apelou ao diálogo co BNG para...

Trinidad Palacios (Sumar Coruña) aposta por recuperar “a ambición, a vangarda e o carácter progresista da Coruña”

Despois de presentar ao candidato de Podemos, esta fin de semana tocaba coñecer outra...

Tres voltas a María Pola polas Escolas Infantís

Máis de 300 persoas reuníronse este sábado en María Pita, para defender as Escolas...

Inés Rey apela ao Goberno central para evitar novos casos como o de Mari Carmen e critica a “inacción” da dereita

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, defendeu o “compromiso” do Goberno central...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here