InicioMOV. SOCIAISMohamed Safa debulla o xenocidio de Gaza nunha nova conferencia na AC...

Mohamed Safa debulla o xenocidio de Gaza nunha nova conferencia na AC Alexandre Bóveda

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Co recoñecemento da Rede Acampa pola Paz pola Defensa dos DDHH recén recollido, Mohamed Safa ofrece unha conferencia este martes 23 de decembro ás 19:30h, na A.C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo Andrés, 36, A Coruña), en colaboración coa propia entidade, ademais da UDCxPalestina, BDS Boicot a Israel e a Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio.

O activista e oftalmólogo palestino afincado en Cee e Corcubión, xa estivo en abril de 2024, falando do comezo do xenocidio. Agora actualiza a súa conferencia despois destes dous anos de masacre, aproveitando a publicación do seu novo ensaio “Gaza, un xenocidio televisado” [Ed. Medulia].

Durante a conferencia, que será presentado polo xornalista Ubaldo Cerqueiro (Xornal da Coruña e QPC), Safa avalía ademais o mal chamado Plan de Paz de Trump.

Conferencia SAFA Coruna copia

Mohamed Safa

Mohamed Safa é un oftalmólogo palestino que leva case 40 anos afincado en Galicia. Afincado entre Cee e Corcubión, leva en contacto co seu país en todo momento, e non perde a ocasión de compartir a realidade que vive o seu pobo. Leva 30 anos contando a ocupación que sofre Cisjordania e Gaza a mans do estadio sionista israelí, a través de centos de conferencias, e de libros como ”Palestina: grito por la libertad” (Ed. Castro, 2003), “La Revolución Árabe. Democracia, nacionalismo, relixión e Palestina como nó gordiano” (2017), ou “La segunda Nakba Palestina. El Proceso de Paz” (2021).

Vén de ser recoñecido por parte da Rede Internacional Acampa pola Paz e o Dereito ao Refuxio co Recoñecemento Galego á defensa dos DDHH 2025. E o celebra coa publicación, primeiramente en galego, de “Gaza, un xenocidio televisado” [Ed. Medulia].

Máis novas

A comunidade da Rede Acampa pola Paz rendeu un aplauso colectivo ao activismo por Palestina

Mohamed Safa: ”Non queremos unha loita étnica, isto é unha guerra anticolonialista”

ÚLTIMAS

Máis de 225.000 persoas saíron á rúa para ver o eclipse nublado

A rebentar estaban as rúas da Coruña esta tarde de mércores 12 de agosto....

As exconcelleiras da Coruña que denunciaran acoso laboral desde a Alcaldía recorren o arquivo do expediente

As exediles socialistas no Concello da Coruña Esther Fontán e Eva Martínez Acón recorreron...

Abre a Feira do Libro Antigo e de Ocasión da Coruña este venres

A Feira do Libro Antigo e de Ocasión da Coruña inaugura este venres, día...

Folga do persoal de comercio da alimentación na Coruña para os días 15, 16 e 17

Persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña volverá á folga este sábado,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here