InicioA CORUÑASumar reclama a dimisión de Inés Rey e Lage Tuñas trala publicación...

Sumar reclama a dimisión de Inés Rey e Lage Tuñas trala publicación dos audios

Publicada o

Por Redacción

“Que se che meta na puta cabeza que quen lidera o partido en Coruña é Ines”. Este é unha das frases que supostamente lle espeta José Manuel Lago Tuñas, o voceiro do grupo socialista, a unha ex concelleira, segundo o contido dos audios que publicou este venres Cuatro. Uns audios que se destapan despois de coñecer que en 2023 dúas exconcelleiras denunciaban tanto ao número 2 do partido na Coruña, como a Inés Rey, por acoso laboral.

O propio Pablo Aranguena, que era secretario do PSdeG recoñeceu estes días ter vivido o caso dende preto, e terlle trasladado o asunto ao ínclito Santos Cerdán, “con nulo resultado”. Con todo, co respaldo do partido e mesmo do BNG, Inés Rey aseguraba que todo era “mentira” por un suposto “axuste de contas” das ex edís expulsadas do partido e do goberno.

Despois de que o PP pedise a dimisión de Rey e Tuñas, agora é o Movemento Sumar Coruña o que considera que “tras a difusión pública de audios e informacións sobre as denuncias por presunto acoso laboral presentadas polas exconcelleiras do goberno municipal, sitúan o goberno municipal nunha crise política de primeira orde que fai incompatible a continuidade de ambos cargos a fronte da xestión municipal2.

A voceira da formación, Trinidad Palacios, sinala que “cando se fan públicos audios e denuncias deste tipo, a responsabilidade política non pode seguir esquivándose” e lembra que “xa se viñan advertindo no pasado sinais de alerta sobre determinadas dinámicas internas no goberno municipal”. Palacios subliña que “isto non é un conflito menor nin unha discrepancia política: a situación esixe decisións definitivas, incluída a dimisión”.

Movemento Sumar Coruña manifesta tamén a súa profunda discrepancia coa posición do BNG, que decidiu manter os seus pactos co PSOE e reducir estas denuncias a unha suposta
“guerra interna”. Para a formación, minimizar uns feitos desta gravidade para preservar acordos de goberno é un erro político grave, impropio dunha esquerda que debe situar a
exemplaridade institucional por riba de calquera cálculo partidista.

 

Máis novas do caso

Inés Rey non dimitirá e o BNG e a dirección do PSdG apoian a medida

O Caso Tomé salpica a Inés Rey e Lage Tuñas tras unha denuncia por acoso laboral na canle interna do PSOE

 

 

 

ÚLTIMAS

Un incendio calcina unha habitación nunha vivenda na Ronda de Outeiro e o fume afecta a dúas persoas, que foron trasladadas

Un incendio calcinou unha habitación nunha vivenda na Coruña e saldouse con dúas persoas...

Culleredo retira honras franquistas e cambia o nome de dúas rúas por memoria histórica

O Concello de Culleredo retirará a condición de dous fillos adoptivos e cambiará o...

A Rede Acampa pola Paz, obrigada a disolver a súa actividade en Galicia

Outro dos fitos dos que se pode loubar o goberno socialista é de acabar...

Monte Alto vive un Alcuentru entre Galicia e Asturias de música tradi

Este sábado, 21 de marzo, o barrio de Monte Alto comparte música tradicional con...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here