InicioECONOMÍAOs traballadores de Losán levaron a súa loita sindical ao SMAC da...

Os traballadores de Losán levaron a súa loita sindical ao SMAC da Coruña

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O Grupo Losán é unha empresa familiar dedicada á madeira con orixe en Curtis, que ten centros de traballo tamén en Vilasantar e na Coruña. A empresa arrastra desde hai máis de dous anos unha situación económica “extremadamente grave”, tras recoñecer unha débeda superior aos 200 millóns de euros, tendo como principais acredoras a SEPI e a diversas entidades bancarias.

Estas pasadas semanas destapouse que a oferta de compra por parte dunha compañía valenciana era unha fraude, polo que a situación está a chegar ao límite.

Coma sempre, nestas situacións, os traballadores son os máis perxudicados, e seguen pendentes de cobro as nóminas completas dos meses de outubro e novembro e a paga extraordinaria de Nadal.
Para denuncialo, onte realizaron unha concentración diante do SMAC (Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación) da Coruña, coincidindo co acto de conciliación do conflito colectivo contra o impago da revisión salarial, primeiro, e diante das oficinas da empresa, despois.

O presidente do comité, Xosé Anxo Sánchez Domínguez, da CIG, denuncia que a non presentación da empresa no SMAC, así como o feito de que a porta da sede estivese pechada, “demostra que a dirección deulle as costas ao persoal malia que se atopa nunha situación desesperada, polo que se demostra que esta loita é máis urxente e ca nunca”. Ao tempo que anuncia que os comités xa están instados a reunirse para convocar novas mobilizacións conxuntas polo futuro das fábricas de Curtis e Vilasantar, “dúas comarcas industrialmente deprimidas que ven como periga os postos de traballo de case 200 persoas”.

Durante todo este proceso, son constantes os atrasos no cobro dos salarios, os pagamentos fraccionados e mesmo meses enteiros sen percibir nómina algunha. A isto súmase que en 2025 non se aplicou a actualización salarial do 3,4 % recollida no convenio colectivo de empresa, xerando aínda máis débeda co persoal.

ÚLTIMAS

Os médicos consideran irresponsable que o conselleiro se negue a negociar para evitar unha nova folga en Galicia

Continúan en loita os profesionais tanto da Atención Hospitalaria como os da Atención Primaria....

Familias e entidades quecen a manifestación das ANPAS deste sábado por un ensino público de calidade

Este sábado 28 de febreiro, ás 11:00 horas, unha marea de familias percorrerá o...

“Therians” como unha nova distracción fascista máis

Non sempre coinciden as miñas opinións como persoa e como sociólogo, de feito, soe...

A Plataforma polo Dereito á Vivenda comeza unha campaña no barrio con maior densidade de poboación de Galicia

O barrio da Agra do Orzán, o barrio de maior densidade de poboación en...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here