Despois de meses de problemas cos impagos por parte de Serviplús e de mobilizacións do persoal, o Concello da Coruña vén de tomar unha decisión importante arredor das Escolas Deportivas Municipais.
A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a finalización do contrato de prestación do servizo das Escolas Deportivas Municipais coa empresa Serviplus, firma que desde o ano 2021 tiña adxudicada a súa xestión. Será a empresa pública Emvsa a que asuma á plantilla e a prestación do servizo, durante un período máximo de 6 meses mentres non se adxudica novamente o servizo, que sairá a concurso durante este mes de xaneiro. Emvsa dedicará ao mantemento do servizo algo máis de 480.000 euros
Entre esas consecuencias figura tamén a apertura dun expediente para a imposición de penalidades á firma, no caso de que non se paguen as nóminas pendentes, contemplando a posible incautación da garantía constituida.
Para o Comité de traballadores, esta decisión “é o mínimo que tiñan que facer para resolver o tema”, pero aínda teñen “dúbidas sobre cando e como se van cobrar as débedas” e sobre “se a subida da contía do novo prego vai conlevar melloras reais para os traballadores”.
Queda tamén no aire as problemáticas arredor dos programas de Lecer e Ocio do Fórum e Ágora, tamén dependentes da mesma empresa.
Máis novas do asunto
Confirman a viabilidade, extraoficial, das viaxes culturais de fin de cursos do Fórum e do Ágora

