InicioSOCIEDADEInés Rey esixe á Xunta a apertura dun centro de crise 24...

Inés Rey esixe á Xunta a apertura dun centro de crise 24 horas para vítimas de violencia sexual na Coruña

Publicada o

Por Helena González

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, demandou publicamente á Xunta de Galicia que explique os motivos polos que non implantou na cidade un centro de crise 24 horas para vítimas de violencia sexual. Esta reclamación xorde tras unha resposta da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a unha iniciativa do BNG no Parlamento galego, na que o Executivo autonómico defende que xa cumpre coa normativa ao contar con cinco centros en funcionamento desde finais de 2024, un por provincia e dous no caso da Coruña, situados en Santiago e Ferrol.

A Xunta sostén que estas dúas instalacións, integradas nas súas respectivas áreas hospitalarias, prestan atención presencial e telefónica permanente a todas as mulleres galegas que o precisen. Aínda que a Consellería asegura que analiza os datos para non descartar a apertura de novos puntos no futuro, a rexedora coruñesa cualificou de “incomprensible” que se exclúa á cidade herculina. Rey insistiu en que os fondos transferidos polo Goberno de España foron destinados pola Xunta a outras localidades, obrigando ás mulleres coruñesas en risco a afrontar o “desarraigamento” de ter que trasladarse a Ferrol en momentos delicados.

Pola súa banda, a parlamentaria do BNG e edil coruñesa, Mercedes Queixas, argumentou que as denuncias por violencia sexual na cidade aumentaron un 31% nos últimos catro anos, unha cifra que cualificou de “alarmante” e que, ao seu xuízo, obriga a unha acción comprometida e á creación dun centro de xestión pública directa na Coruña.

SAGRADA FAMILIA

Inés Rey realizou estas declaracións durante unha visita á rúa Sagrada Familia, onde veñen de finalizar os traballos da primeira fase da súa humanización. A alcaldesa concretou que a intervención supuxo un investimento de 1,5 millóns de euros no barrio, permitindo gañar máis de 2.200 metros cadrados de superficie peonil. A obra incluíu a instalación de 29 árbores, novas luminarias e mobiliario urbano co obxectivo de crear contornas máis seguras e “osixenar” o espazo público diante das vivendas.

ÚLTIMAS

A Rolda Peonil dos Barrios avanza pola Sagrada Familia

A Rolda Peonil dos Barrios é un proxecto para cambiar a mobilidade da cidade,...

Izan Voluntario convoca este sábado, dende o Orzán, limpezas de praias en toda España

Izan Voluntario leva dous anos limpando areais de toda Galicia. A través das redes (el...

Aprobada a primeira licenza do “delirio urbanístico” de Visma

Vai collendo forma o ”delirio urbanístico” de Visma. Ese espazo que ben puido ser...

A CIG pide ao Concello da Coruña que garanta o cobro dos salarios do persoal do programa Lecer

Unha vez que o Concello vén de rescatar as Escolas Deportivas Municipais, a CIG-Servizos demandou...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here