InicioA CORUÑAOs docentes do programa de Lecer volven a María Pita para contradicir...

Os docentes do programa de Lecer volven a María Pita para contradicir “as mentiras” da Concellería de Cultura

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Pasan as semanas, estamos xa en marzo, e o Programa de Lecer continúa sen previsión para a reanudación dos cursos culturais. Uns cursos que atinxen a máis de 60 educadores e educadoras e máis de 6.000 alumn@s.

Ante esta eterna parálise mentres o Concello promete solucións rápidas, o colectivo de educadores lembran que ademais de seguir sen data de arranque do Programa de Lecer aínda quedan 10 profesores (o 15% do colectivo) sen cobrar. Polo que convocan unha nova convocatoria para o xoves 5 de marzo, ás 9:30h ás portas do Concello, para darlle a benvida ao pleno aos concelleiros. En particular, a Gonzalo Castro, Concelleiro de Cultura que tivo arrestos na concentración do pleno de febreiro a colocarse no medio da concentración de educadores a lanzar promesas que non se dan cumplido.

O colectivo chama así á veciñanza a axudarlle nesta convocatoria na que lerán un comunicado no que combaterán “as mentiras do IMCE e a Concellería de Cultura”.

”Fartos de mentiras e de esperas”, queremo amosar así a “situación de total desconfianza e esgotamento” coas dúas entidades municipais. Farán un repaso polos máis de 3 meses de conflito, dende que o 22 de decembro tanto o edil Gonzalo Castro como a presidenta do IMCE Laura Seoane fixeron oídos xordos ante as xa non primeiras queixas sobre os impagos de Serviplús. Lembrarán as promesas incumpridas do Concelleiro asegurando que xa estarían traballando a 2 de febreiro cando agora xa non quere dar prazos e fala de abril, datas nas que estaría incumprindo os propios pliegos do contrato.

Lembrarán as promesas da directora do IMCE asegurando que as débedas estarían abonadas en breve, criticando “o ritmo de traballo do IMCE caótico, totalmente ineficaz e insuficiente”.

A concentración servirá tamén para agradecer o apoio incondicional dos usuarios.

Máis novas

Os docentes dos Cursos Culturais do Programa de Lecer pecháronse en María Pita para esixir o comezo das clases

“Non se pode enterrar o Lecer”

O Programa de Lecer debátese dentro e fóra de María Pita 

O Programa de Lecer e as débedas dos docentes, pendentes da vontade da empresa reincidente

Docentes e usuarios defenden o Programa de Lecer nunha reivindicativa ”aula aberta” en María Pita

O Concello rescata, a medias, aos traballadores do Programa de Lecer do Fórum e do Ágora

ÚLTIMAS

Arrincaron as obras do demandado Parque Vixía

Dende 2023, cando a proposta da ANPAS do barrio gañaron un dos proxectos dos...

Unha rúa para os Diplomáticos de Monte Alto para cumplir ademais coa Lei de Memoria Histórica

A pesar do voto en contra do PP, a Comisión de Honras e Distincións...

Así sairán e entrarán os autobuses na nova terminal que abrirá o 3 de novembro

A Xunta abrirá o próximo 3 de novembro a terminal de autobuses da estación...

(Vídeo) Extinguido o gran incendio en Visma que cubriu de negro o ceo de Arteixo

O incendio declarado este domingo na parroquia de Visma, na Coruña, quedou extinguido durante...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here